O FACHO: Efectos económicos perversos da burbulla eólica, por Leandro M. del Río Regos

O FACHO: Efectos económicos perversos da burbulla eólica, por Leandro M. del Río Regos

17-01-2023

O FACHO: Efectos económicos perversos da burbulla eólica, por Leandro M. del Río Regos

Título: Efectos económicos perversos da burbulla eólica. Palestra do día 24 de xaneiro de 2023

A necesidade urxente que ten a Comunidade Económica Europea de substituír os combustibles fósiles, como consecuencia da guerra de Ucraína e pola necesidade de frear o cambio climático, está provocando unha importante demanda de enerxía de orixe renovable.
Esta demanda está xerando unha burbulla especulativa, provocada polas empresas eléctricas, que choca coas profundas deficiencias lexislativas, normativas e de planificación do Estado Español e das Comunidades Autónomas.
Consecuencia de todo isoo son unha serie de efectos negativos sobre a saúde das poboacións afectadas, sobre o medioe sobre a economía dos territorios afectados.
En termos económicos o impacto negativo directo sobre os dereitos de propiedade e de uso do solo da implantación de parques eólicos non se compensa, nin a curto nin a longo prazo, nin coa creacion de empresas, postos de traballo e impostos sobre a produción eléctrica.

Leandro M. del Río Regos
Arquitecto e urbanista
Dende hai 30 anos exerze como profesional liberal, dos cales leva máis de 20 anos actuando como asesor e perito xudicial en asuntos relacionados coa ordenación do territorio, o urbanismo e o medio, de entidades e persoas particulares afectadas negativamente por proxectos de diverso tipo.
Na actualidade é técnico asesor de varias asociacións e plataformas que loitan por unha implantación racional das enerxías renovable e, en particular, da eólica.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO

https://archive.org/download/leandro-del-rio/LEANDRO%20DEL%20RIO.mp3

Agrupación Cultural O? Facho

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

blogging tool