O FACHO: "Entroido en Galiza: tradicións e máscaras", por Felipe Senén

O FACHO: "Entroido en Galiza: tradicións e máscaras", por Felipe Senén

05-02-2023

O FACHO: "Entroido en Galiza: tradicións e máscaras", por Felipe Senén

A Agrupación Cultural O? Facho de A Coruña o convida a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre de 2023.
O dia 7 de febreiro o museólogo, arqueólogo e escritor Felipe-Senén López Gómez falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre ?Entroido en Galiza: tradicións e máscaras?.
Data e hora: martes, 7 de febreiro de 2023 ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Felipe Senén, natural do Carballiño (Ourense), realiza os seus primeiros estudos no Instituto de Ourense, onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolóxico, entón dirixido por Ferro Couselo, sumándose ás actividades da agrupación cultural Auriense.
Estuda Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte, na Universidade de Santiago de Compostela, a un tempo que realiza prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro e participando igualmente como supervisor de campo en diversas prospeccións arqueolóxicas.
Entre os anos 1975 e 1996 foi director-conservador do Museo Arqueolóxico da Coruña. Preocupado por abrir a institución do museo ao gran público e ás cuestións socioculturais da cidade da Coruña e de Galicia, crea o colectivo de colaboradores Amigos do Museo Arqueolóxico, que foi a base para a formación do colectivo Amigos dos Museos de Galicia , creando un espazo de cultura propio e vida cultural ininterrumpida en ?Portas Ártabras? na Cidade Vella coruñesa. Crea e dirixe desde o museo coruñés o Boletín Brigantium e outras publicacións a un tempo que coordina traballos de prospección arqueolóxica submarina co Grupo de Investigación e rescate Arqueolóxico Subacuático na baía da Coruña e outras áreas da costa da provincia, intervindo en aspectos relativos á sensibilización sobre o patrimonio mergullado. Desde o Museo Arqueolóxico coruñés inicia igualmente o traballo de supervisión e posta en valor do Castro de Elviña, promovendo de 1978 a 1985 a consolidación e limpeza da área escavada a finais dos anos corenta por Luengo Martínez.
Membro do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos, en 1987 é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario, na que ingresa cun discurso sobre A auga e as fontes en Galicia. Membro numerario e secretario do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, foi recibido cunha disertación sobre Cuestións Arqueolóxicas e Museolóxicas: revisión dende o Museo Arqueolóxico da Coruña (1994).
En 1996 solicita a excedencia no Museo Arqueolóxico da Coruña, e ingresa na Deputación Provincial da Coruña, como Técnico de Xestión Cultural, inspirando e coordinando plans de dinamización cultural,museoloxía e recuperación do patrimonio cultural moble, inmoble e ideolóxico, así como a posta en valor dos ecomuseos.
Exerce un importante labor na dinamización cultural galega: entre outras actividades foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, de Alexandre Bóveda, do semanario A Nosa Terra e da revista de pedagoxía O Ensino, nas que colabora con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia.
Pola sua actividade creadora e animadora a prol dos museos así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico recibiu en 1994 o Premio Otero Pedrayo, seguido por outros galardóns, entre eles o ser nomeado en diferentes ocasións ?Coruñés do ano? así como ?Chairego de honra? (2010, Irmandade Manuel María, Vilalba), ?Navalla de Manuel María? (2014, Irmandade Manuel María, Outeiro de Rei), ?Bo e Xeneroso? (2014, Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso) e ?Medalla do Filandón do Courel? (2017).
Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, Felipe Senén é un prolífico e polifacético autor con obra diversa que vai desde a divulgación ao ensaio, participando en múltiples publicacións, artigos en medios de comunicación de Galicia, folletos, guías e programas de radio e TV.
É autor tamén de varios libros, especialmente sobre cuestións relacionadas coa identidade cultural e vinculados á investigación arqueolóxica ou histórica galega, entre os que podemos citar Museos da Coruña (Everest, León 1989); Artesanía de Galicia (Silex, Madrid 1981); Ferro Couselo (Artesa, Coruña, 1996); Ourense Etnográfico (Deputación, Ourense 1998); Os Xogos Tradicionais en Galicia (Proxecto Galicia. Hércules, A Coruña 1999); Festas populares de Galicia (serie con diapositivas); (Baía , A Coruña 1997); Os primeiros galegos: prehistoria e arqueoloxía de Galicia (Lea, Santiago 2003); Memoria do Carballiño (Xerais, Vigo 2003); Xaquín Lorenzo Fernández (Baía ? 2004) e a tradución ao galego de ´As mulleres do monte, memorias dun neno da posguerra´ de X. Antonio Gurriarán López (Galaxia-2015) ente outras obras.
Como nos indica na sua benvida ao seu blog de comunicación, Felipen Senén nos anima ?... a coñecernos e facer país, a afiar a sensibilidade (en todos os sentidos, tamén os da intuición) para enxergar noso tempo, noso espazo, nosa sociedade, o devalar. Así entramos no ´Nós´ que somos, en relación tolerante cos demais: mirando atrás, facendo memoria, cun punto de partida nun camiño de buscas que nos identificará por onde pasemos, a casa e Galiza?.
Agrupación Cultural O? Facho
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO:
https://archive.org/download/felipe-senen/Felipe%20Sen%C3%A9n.mp3

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

multiple blogs