O FACHO: ?Terra, paisaxe e mundo rural na tradición literaria galega?, por María López Sández

O FACHO: ?Terra, paisaxe e mundo rural na tradición literaria galega?, por María López Sández

07-03-2023

O FACHO: ?Terra, paisaxe e mundo rural na tradición literaria galega?, por María López Sández

A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convida a vostede a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre de 2023.

O dia 7 de marzo a profesora e numeraria da Real Academia Galega María López Sández falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre: ?Terra, paisaxe e mundo rural na tradición literaria galega?.
Data: 7 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/lopez-sandez/LopezSandez.mp3

Continuando o ciclo de palestras sobre terra e futuro da Agrupación Cultural O Facho, a profesora María López Sández abordará na súa charla un dos temas recorrentes da nosa tradición literaria, terra, paisaxe e mundo rural.
Baixo a etiqueta de paisaxismo, ruralismo ou simplemente temática telúrica ou da terra, moitos dos nosos escritores e escritoras reflicten nas súas obras á nai terra, Galicia, un espazo simbólico e mítico en ocasións, mais tamén de tradicións e traballo, onde o animismo se percibe como esencia da comuñón do
home coa súa contorna. Fauna e flora, lingua e tradición, realidade histórica e imaxinismo están presentes en autores como Rosalía de Castro, Eduardo
Pondal, Ramón Otero Pedrayo ou Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros, conformando unha idea de nación que moitas das nosas autoras actuais
reivindican coa denominación de MATRIA.

María López Sández (Lugo, 1973) é catedrática en excedencia de ensino secundario e profesora na área de Didáctica da Lingua e a Literatura
na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa traxectoria académica, foi galardoada co Premio Fin
de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e o II Premio Nacional de Terminación de Estudios Universitarios de Filoloxía. É doutora en
Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2007 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
pola obra Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, publicada en 2008 pola editorial Galaxia. No mesmo xénero ensaístico
escribiu Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán xunto a Marilar Aleixandre; Illados. Diario da
pandemia (2020) , xunto co fotoxornalista Miguel Muñiz e Nasín cando as prantas nasen. Herbario de Rosalía de Castro (2022), con Ma Isabel Fraga
Vila e Miguel Fraga Vila.
No campo da narrativa obtivo o Premio Repsol de Narrativa breve pola novela A forma das nubes (2012) e foi finalista do Premio Novela por
Entregas da Voz de Galicia en 2014 con O faro escuro (2015), así como do Raíña Lupa con A noite da deusa (2020).
O seu campo de investigación céntrase especialmente na natureza na literatura, a obra de Rosalía de Castro, o uso das Humanidades Dixitais e os
Sistemas de Información Xeográfica para a xeración de mapas literarios, cun foco posto na dimensión sociolingüística e literaria con atención ao seu
tratamento educativo.
O 9 de xullo de 2022 foi escollida Académica Electa de Número pola Real Academia Galega.

Agrupación Cultural O Facho
CIF G-15037021
Apartado de Correos no 46 O.P. A Coruña

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

free blog tool