A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre de 2023.
O dia 14 de marzo a autora teatral Carme Varela falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre a obra: ?DESTERRADAS. A PELEXA DAS MONXAS BIEITAS GALEGAS NO XVI ?.
Data: 14 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/carme-varela/Carme-Varela.mp3
Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970) é Licenciada en Filoloxía galega, completando a sua formación cun máster en xestión cultural na Universidade de
Barcelona. A sua conexión co teatro comezou na época de estudante no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns. Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como Secretaria Técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos técnicos teatrais RTA. Foi Directora de Produción no Centro Dramático Galego e dende o ano 2007 a sua vida laboral estivo ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia onde participou en proxectos de publicidade e na
produción de películas documentais como A Palabra Xusta dirixida por Miguel Piñeiro.
A sua obra ?As desterradas?, premiada no XXV Premio Álvaro Cunqueiro e Premio Follas novas 2021, foi o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel da que é secretaria e que axudou a fundar en 2010. No ano 2022 recibíu o premio Selic concedido polo Concello de Santiago de Compostela polo texto teatral ?Faise o escuro?, aínda non estreado.
Na obra ?As desterradas? Carme Varela relata unha loita histórica en chave de muller onde as protagonistas son as monxas bieitas. Os mosteiros medievais
galegos marcaron a vida do país durante longos séculos, pero unha reforma iniciada polos Reis Católicos veu poñer fin a aqueles días. As monxas bieitas galegas enfrontáronse a tres Papas diferentes e dúas raíñas para conservar o poder que tiñan. Un episodio da nosa historia poucas veces relatado e nunca cuestionado.
Quince mosteiros coas súas abadesas foron protagonistas dun gran confllito no que se mesturaba a relixión e a política. Da man da súa autora achegarémonos a esta páxina esquecida da nosa historia e recuperaremos os nomes dunhas mulleres ás que a historiagrafía oficial virou as costas.
Agrupación Cultural O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br