A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convidate a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do primeiro trimestre de 2023.
O dia 28 de marzo o historiador Anselmo López Carreira falará, dentro do ciclo ?Terra e Futuro? sobre: ?O REINO MEDIEVAL DE GALIZA ?.
Data: 28 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/anselmo_202304/Anselmo.mp3
Anselmo López Carreira naceu en Vigo en 1951, vivindo en Ourense desde a nenez e sendo, como el mesmo indica ?moi ourensán, sen por iso deixar de ser doutros lugares?. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na mesma universidade cun traballo sobre a cidade de Ourense no século XV. Foi Catedrático de Historia no ensino secundario, profesor titor da UNED no Centro Asociado de Ourense e doutor vinculado do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento É un investigador recoñecido da Galiza urbana medieval e das súas dinámicas
sociais e políticas. Xunto cos ensaios históricos, na súa obra acada tamén presenza a edición de fontes documentais, en particular as relacionadas coa cidade de Ourense. No seu traballo predomina o esforzo de renovación historiográfica destinado a presentar un enfoque da nosa Historia observada desde nós mesmos,libre das manipulacións impostas polas directrices dominantes estatais.
Os seus campos de investigación, sempre sobre a Galicia medieval, centráronse na edición de fontes documentais, o mundo urbano e o reino medieval, con publicacións como Documentos do arquivo da catedral de Ourense. 1289-1399 (2016), ?Caderno de actas de Santa María do Campo da Coruña, 1372-1417? (2017), Ourense no século XV (tese de doutoramento, 1998), A cidade medieval galega (1999), O reino medieval de Galicia (2005), con X. M. Andrade O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (2020) e con H. Picallo Galicia.Reis e Reino (2021).
Nos últimos tempos os seus traballos entran, ademais, na historia política, na que aborda os vellos temas desde novas perspectivas. Moi relevante é, así mesmo, a súa vocación divulgadora, que se concreta non só na súa participación en charlas e coloquios organizados polas máis diversas entidades do país, senón tamén nun nutrido número de achegas que abren as portas da nosa historia ao público xeral.
Ademais de numerosos artigos e relatorios en revistas, cursos e congresos, e colaboración en programas divulgativos da radio e televisión galegas, coordinou cursos universitarios da UNED e da Universidade de Vigo, e os Io e IIo Simposio de Historia en Terra de Lemos (Monforte de Lemos, 2007 e 2008), comisariou a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, inaugurada en Ourense en febreiro de 2009. O pasado ano 2022 dirixiu en Compostela un congreso internacional sobre o Reino Medieval.
Agrupación Cultural O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com