A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convídate a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do segundo trimestre de 2023.
O vindeiro mércores 19 de abril o dramaturgo e actor Manuel Lourenzo falará sobre a figura do seu compañeiro e amigo Francisco Pillado Mayor na palestra-homenaxe á súa figura que leva por título:
Pancho Pillado na lembranza: unha vida dedicada ao teatro.
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO:
https://archive.org/download/Lourenzo/Lourenzo.mp3
Manuel Lourenzo crea na cidade da Coruña xunto a Francisco Pillado o Grupo de Teatro O Facho, que supón o inicio do Teatro Independente Galego.
En 1967 funda o Grupo Teatro Circo, un fito dentro da Historia do Teatro Galego. En 1978 constituíu con Francisco Pillado a Escola Dramática Galega, e
co-dirixe co autor, motivo da homenaxe de hoxe, os Cadernos da Escola Dramática Galega. En 1979 publica, igualmente en co-autoría con Pillado Mayor, o monográfico O Teatro Galego, libro pioneiro e aínda hoxe de referencia dentro do ámbito do estudo da dramaturxia.
Por outra parte, en 1980 forma a Compañía Teatral Luís Seoane, en 1981 recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da USC. Tamén en
1981, e xunto a Francisco Pillado, funda a editorial Castrodouro. No ano 1998 xunto con Santiago Fernández crea a escola teatral Casahamlet.
Manuel Lourenzo ten unha longa traxectoria como actor sobre as táboas e tamén ten participado en diferentes series de televisión (Fariña, Mareas Vivas,
Matalobos, As Leis de Celavella...) e tamén no cinema (Entre Bateas).
Como autor teatral ten unha importante achega ao teatro galego que acaba de ser publicada na súa totalidade en sete volumes.Obtivo numerosos premios e galardóns. No ano 2018 recibiu O Facho de Ouro como mostra de recoñecemento a toda unha vida dedicada á cultura do País e ao pobo galego.
Pancho Pillado e Manolo Lourenzo veñen a simbolizar a recuperación do Teatro Galego nos anos da longa noite de pedra.
Agrupación Cultural O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com