Damos conta do inicio do ciclo de palestras do outono 2023, retomando a programación prevista para este ano. O vindeiro dia 10 de outubro o profesor e
escritor Ramón Nicolás Rodríguez falará sobre:
Del Riego: unha vida, unha época
Para escoitar, clique de seguido: https://archive.org/download/ramon-nicolas-mp-3cut.net/RAMON-NICOLAS%20%28mp3cut.net%29.mp3
Data: 10 de outubro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Ramón Nicolás Rodríguez exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo). Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións e, desde hai anos, no suplemento ?Fugas? de La Voz de Galicia. Mantén, desde 2010, o "Caderno da crítica. Literatura galega": un dos blogs literarios máis veteranos e activos de Galicia.
Desde o ano 2021 é membro correspondente da Real Academia Galega. En 2011 ingresou como padroeiro na Fundación Celso Emilio Ferreiro e dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. É tamén ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Recibiu diversos galardóns como o Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012). Publicou dúas novelas - O espello no mundo (2016) e Lapis na noite (2018)- e asinou diversas traducións e ensaios, ademais de editar e estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego ou Celso Emilio Ferreiro.
A palestra que impartirá leva por título ?Del Riego: unha vida, unha época? e centrarase na súa monografía divulgativa Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo (Xerais, 2022) na que sintetiza o perfil biográfico do escritor de Vilanova de Lourenzá e realiza un achegamento
á súa oceánica obra literaria.
Agrupación Cultural O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br