O FACHO: Xeopolítica, Pandemia e Pos-capitalismo, por Alberte Blanco Casal

O FACHO: Xeopolítica, Pandemia e Pos-capitalismo, por Alberte Blanco Casal

20-11-2023

O FACHO: Xeopolítica, Pandemia e Pos-capitalismo, por Alberte Blanco Casal

Benqueridos todos/as;
Lembramos-vos que, dentro das Palestras públicas do último trimestre de 2023, o vindeiro dia 21 de novembro o profesor e escritor galego Alberte Blanco Casal impartirá unha palestra baseada no seu ensaio ?Xeopolítica, Pandemia e Pos-capitalismo?.
Data: 21 de novembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/blanco-casal/BLANCO-CASAL.mp3

Alberte Blanco Casal (Vilaboa-Pontevedra, 1951), é enxeñeiro industrial e foi profesor e director do IES de Verín até 2005. Membro do Consello Nacional do BNG, foi concelleiro en Verín desde 1991 ata 2005 e director xeral de Montes da consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia desde 2005 até 2009.
Conta cunha ampla actividade cultural, sendo fundador da A.C. Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. Colabora nos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública, Terra e Tempo e na revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves. Tamén publica unha colaboración semanal en Nós Diario. Prolífico escritor, participou en obras colectivas como Os incendios forestais en Galicia (2006), O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional? (2017) e Diario de José Casal (2023). É autor das novelas Arcadia. Os gardiáns do segredo (2013), Telumbres de lúa (2014) e o Códice esmeralda (2017). Entre as obras de ensaio se sinalan O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense: aproximación histórica ao periodo, 1840-1930 (2015), Memorias da brétema (2019) e a obra sobre a que versará a sua palestra: Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (2021).
Preocupado pola análise dos vellos (e novos) paradigmas do librecambismo e a sua validez para resolver os problemas e retos do mundo actual, o autor sinala a reflexión coma a virtude indispensábel para intentar comprender a clave do arcano sen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces de cores do politicamente correcto. Por desgraza, e cada vez máis, resulta difícil distinguir entre a opinión propiamente científica, honesta e obxectiva daquela outra fabricada por quen está ao servizo das grandes corporacións bancarias ou empresariais, con intereses, case sempre, non concordantes cos da maioría social. En definitiva, intentaremos enfocar a crise do mundo actual dende unha óptica diferente, achegando datos e opinións que invitan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea, deixando en mans dos asistentes a diagnose final.
Agrupación Cultural O Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

blogtool