CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

05-03-2024

CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

A Agrupación Cultural O FACHO convoca o Concurso de Poesía O Facho 2024, que se rexerá polas seguintes bases:

1º) Ao premio de poesía de O Facho poderá concorrer calquera persoa até os 35 anos de idade e sempre que non publicase ningún libro individual de poesía e a obra sexa inédita e non fose premiada con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.
A obra presentada debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e cun máximo de unha obra por autor. É responsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado ?libro?. Xa que logo, recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.

2º) Os orixinais para o Concurso enviaranse por triplicado debidamente encadernados, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara ao:

· Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña.

Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.

3º) Estabelécese como premio único a edición pola Editorial MEDULIA da obra premiada. O Facho fará a entrega ao/à autor/a dun máximo de 15 exemplares.

4º) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2024 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.

5º) Os gañadores serán elixidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. Devandito xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.

6º) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e resolverá aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación. Así mesmo, o xurado escollerá de entre os traballos presentados un único libro. Ademais, poderá deixar constancia na acta outros títulos que considere merecedores de ser publicados, non significando isto ningún compromiso por parte de O Facho. Non se fará referencia na acta ao nome dos autores ou autoras dos libros mencionados.

7º) O Facho disporía
do prazo de un ano para editar o libro. Transcorrido ese tempo, o autor ou autora poderá dispor da obra coa única condición de que deberá deixar constancia do galardón en sucesivas edicións do libro.

8º) A participación neste Certame implica asumir as súas bases.

9º) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.

10º) Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios de comunicación.

Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 31 de xaneiro de 2024

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution free blog software