CONCURSO DE TEATRO INFANTIL 2024 CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que ?teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos?, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes bases:
1º) Poderá optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrición, sempre que a obra sexa inédita e escrita en lingua galega, -en calquera norma ortográfica (AGAL, PADRÓN, RAG)- non representada, nin premiada noutros certames.
2º) Estabelécese un premio único de 500 ?.
3º) A obra, que non poderá exceder os 80 folios, será presentada por triplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara.
4º) Os orixinais para o Concurso enviaranse por correo á:
-
Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña.
Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.
5º) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2024 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.
6º) Os gañadores serán elixidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. Devandito xurado está composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral galego.
7º) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.
8º) A participación neste Certame implica asumir as bases deste.
9º) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.
Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios.
Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 31 de xaneiro de 2024
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com