Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2024.
O vindeiro dia 30 de abril a ensaísta e profesora Aurora Marco impartirá unha palestra co título:
?Mulleres no Seminario de Estudos Galegos?
Data: 30 de abril, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras (1978), catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC, e autora de extensa obra: biografías de Carvalho Calero, Avilés de Taramancos, Paz Carbajal; edicións críticas de obras de López Ferreiro, Rodríguez López, Otero Pedrayo, Tomás Barros, Áurea Lorenzo Abeijón e outros libros de carácter interdisciplinar. Alén da investigación, desenvolve unha intensa actividade como conferenciante. Nos últimos 30 anos centrouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas: As precursoras (1993); Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002); Dicionario de mulleres galegas (2007); Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011); Mª Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (2012); Elas (2015); Irmandiñas (2020); Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (2023).
Pola súa obra ensaística, recibiu numerosos premios: ?Tomás Barros? de Investigación Teatral (1991); ?Ánxel Fole? de Ensaio literario (1992); ?Luís Tilve? de Investigación e Divulgación Histórica (2012) // "Mulleres en Acción" (2015) // "Galiza Mártir" (2016) // "Mártires da Liberdade? (2017)// Xohana Torres de Ensaio e Creación audiovisual, con Pablo Ces (2018)// ?Follas Novas? do Libro Galego (2021)// ?Baltar Feijóo? (2022). En 2023 foi nomeada Señora das Letras 2023 polo colectivo de crítica literaria ?A Sega?.
Resumo do relatorio ?Mulleres no Seminario de Estudos Galegos?:
Para valorar na súa xusta medida a presenza das mulleres no Seminario de Estudos Galegos, cómpre non esquecer que, até 1910, non puideron matricularse oficialmente nos centros universitarios e, pouco e pouco, foron incorporándose a diferentes carreiras. Como o SEG, fundado en 1923, foi unha entidade ligada á Universidade de Santiago, é doado comprender que a súa presenza fose testemuñal na citada entidade, sobre todo ao principio, porque das poucas que pisaron os claustros universitarios, só algunhas ingresaron naquel centro de investigación do saber.
Foron poucas as socias activas e as súas vidas e actividades ficaron, na maioría dos casos, silenciadas, ignoradas, sen fixar, ausentes do discurso oficial e do ensino académico, porque na historia do feminino sempre houbo problemas de transmisión e visibilidade. A lembrar as súas traxectorias, algunhas completas, outras fragmentarias, dedícase esta conferencia.
Atentamente,
Agrupación Cultural O Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña
image.png
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br