Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das palestras públicas do segundo trimestre de 2024.
O vindeiro dia 14 de maio a profesora e escritora Pilar García Negro, impartirá unha palestra co título: ? Luisa Villalta : Devir galega?
Data: 14 de maio, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras ? Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella ? A Coruña
Pilar García Negro é unha destacada lingüista e profesora galega, cunha extensa traxectoria académica e política. Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1991.
Comezou a súa carreira como profesora de lingua española en varios institutos antes de unirse á Universidade da Coruña en 1991, onde foi profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística. Ademais do seu labor académico, participou en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, literatura galega, e feminismo. Publicou edicións e estudos sobre destacados autores galegos e foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.
Pilar García Negro, ademais do seu destacado labor académico e a súa traxectoria como deputada no Parlamento de Galicia polo BNG desde 1989 ata 2003, é recoñecida polo seu coñecemento e estudo da obra de Luisa Villalta, a quen coñeceu e tratou en vida. Este interese levouna a ofrecer conferencias e contribucións significativas no ámbito do estudo e difusión do legado de Luisa Villalta.?
Agrupación Cultural O? Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña
image.png
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com