Desde a Agrupación Cultural O`Facho comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2024.
O vindeiro dia 17 de setembro o autor, editor e produtor cultural Manel Cráneo impartirá unha palestra co título:
?MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO?
Data:17 de setembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
O autor falará dalgúns dos fitos esenciais que marcaron a historia da banda deseñada desde as súas orixes na década de 1970, facendo un percorrido ata a situación actual do cómic en lingua galega onde a cidade da Coruña xoga un papel estratéxico por múltiples causas. Todo isto desde a súas distintas perspectivas grazas a súa visión especializada neste eido cultural.
Manel Cráneo (A Coruña, 1973) é autor, editor e produtor cultural especializado en banda deseñada (BD). Comezou facendo fanzines na década de 1990, ten colaborado con revistas e xornais, entre outras, realizou novelas gráficas como Os Lobos de Moeche, Destino Hërguss ou Cinza. Creou tamén a marca de entretemento Planeta Mincha aplicada a medios como a BD, libros ilustrados, animación, pasatempos, performance, música, artesanía, etc.
A súa implicación co sector profesional levouno a refundar en 2003 a AGPI (Asociación Galega de Profesonais da Ilustración) da que foi o primeiro presidente. Foi tamén vicepresidente de FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais) durante a presidencia de Horacio Altuna. En 2009 fundou a editora Demo, especializada en BD galega. En 2015 creou a plataforma Coruña Gráfica para potenciar o panorama autoral coruñés. En 2024 foi nomeado director do festival internacional de BD Viñetas desde o Atlántico. Como divulgador colabora no Diario Cultural da radio Galega cunha sección semanal sobre banda deseñada.
Atentamente,
Agrupación Cultural O'Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com