Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.
O vindeiro dia 29 de outubro o profesor e arquitecto Xosé Allegue impartirá unha palestra co título: ?GALICIA: TERRITORIO CAPTURADO?
Data: 29 de outubro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
GALICIA : TERRITORIO CAPTURADO
O concepto de ?Captura das políticas? define a capacidade de influencia dos lobbys económicos sobre o poder lexislativo dun país para conseguir que se lexisle á medida dos seus intereses e contra o ben común, mentres que as ?elítes extractivas? serían aquelas beneficiadas polos gobernos capturados, quens redactan unha aparataxe lexislativa ao servicio distas elítes impedindo así o crecemento económico sostible equilibrado e xusto e a distribución equitativa da riqueza e conducindo ás nación ao seu fracaso.
A ?captura das políticas? e do aparato lexislativo polas elítes extractivas caracteriza dende sempre a gobernaza do territorio en Galicia. Por tanto a súa absoluta desregulación non é unha casualidade. Así, as multinacionais papeleiras, mineiras enerxéticas e de tráfico de lixo contaminante, capturan o aparato lexislativo para poñelo ao seu servicio. Diste modo prodúcese una ?captura? das políticas territoriais que produce de forma legal a forma mais dañina da corrupción institucional e estrutural , o que está levando a Galicia ao seu fracaso como nación.
Xosé Allegue
Doutor Arquitecto polas escolas de arquitectura de Lille ( Francia) e A Coruña. Desde 1993 é Xefe da Oficina de Proxectos e Infraestruturas do Consorcio de Santiago.
Foi durante 10 anos Profesor de proxectos na Escola de Arquitectura de University College Dublin ( 2009-2019) e 10 anos Membro da Comisión Asesora da Cidade Histórica de Santiago de Compostela (2010-2020). Autor de numerosos relatorios en congresos nacionais e internacionais e numerosos artigos en revistas especializadas sobre territorio, Patrimonio , e dereito a Vivenda. Na súa dilatada traxectoria recibu numerosos premios, nacionais e internacionais.
PARA VISUALIZAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://www.youtube.com/watch?v=07VofJHTrnw&ab_channel=Commendatore
image.png
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com