Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.
O vindeiro día 25 de marzo, os doutores arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez impartirán unha palestra co título:
O MANEXO DA AUGA NO TERRITORIO DE GALICIA
Data: 25 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Henrique Seoane é membro do Grupo de Investigación ?CIDADE E TERRITORIO? da Universidade de A Coruña, ten publicacións de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas. Na actualidade é membro do grupo responsable do? ProxectoTERRA? do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Ángeles Santos é membro do Grupo de Investigación ?SISTEMAS CONSTRUCTIVOS E REHABILITACIÓN SICOR? da Universidade de A Coruña. Participou en varios contratos, convenios e proxectos de investigación.
Ambos teñen unha ampla traxectoria de publicación de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas.
"A auga, fonte de vida, é o elemento máis importarte para comprender os paisaxes culturais. A súa necesaria movilización mediante o empleo da gravedade conforma territorios mediante un sabio manexo. O ser humano foi capaz de xerar paisaxes habitables e revertir as orixinais condicións negativas naturais en positivas, planteando técnicas de xestión e de funcionamento moi próximas ó ciclo da auga e á natureza.
Estudar estas técnicas descubren as aldeas como "espazos hidráulicos" que manexan a auga do seu territorio. Ponse de relevo un sistema complexo, absolutamente medido e construido segundo a estricta disciplica da auga, xestionada en man comun. Técnicas que revelan un coñecemento riquísimo das condicións locais e dan información para o desenrolo de novas técnicas que incorporen estes sabios principios."
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/henrique-e-angeles/Henrique%20e%20Angeles.mp3
image.png
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com