O FACHO: 50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte, por José Luis Rabuñal

O FACHO: 50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte, por José Luis Rabuñal

11-10-2025

O FACHO: 50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte, por José Luis Rabuñal

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2025.

O vindeiro día 30 de setembro o naturalista e ornitólogo José Luis Rabuñal impartirá unha palestra co título

?50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte?

Data: 30 de setembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

José Luis Rabuñal Patiño é Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo. Ingresou no corpo de Avogados do Estado en 1973 con servicio activo nas avogacías de Xixón e A Coruña ata 1976 con cese por excedencia voluntaria.

Contratado por Caixa de Aforros de Galicia ata a súa xubilación en 2009. Presidente de Honra do grupo naturalista Hábitat; socio de Honra da Sociedade Galega de Ornitoloxía; membro de Comité Ibérico de Rarezas (1988-1994) e do Comité de Rarezas de SEO(Sociedade Europea de Ornitoloxía / Birdlife) 1994-2003).

Colaborador da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso; colaborador do Instituto de Estudos Bergantiñáns; colaborador da Asociación Ambiental Senda Nova de Carballo; colaboracións cos concellos de Cabana de Bergantiños, así como con colexios da Costa de Morte e A Coruña.

Coautor do libro ?Territorios pajareros? (2024, Editorial Bichomalo libros). Autor de máis de 240 descricións de rarezas remitidas ao Comité Ibérico de Rarezas e ao Comité de Rarezas de SEO/Birdlife.

Encargado durante moitos anos da realización do Censo invernal de aves acuáticas e mariñas de Galicia, concretamente da zona 4 (desde Malpica de Bergantiños ata cabo Touriñán).

A conferencia de José Luis Rabuñal centrarase nas súas experiencias ornitolóxicas na Costa da Morte, en concreto nos espazos naturais do esteiro do río Anllóns e a lagoa de Traba, situada no concello de Laxe, durante máis de cincuenta anos, do ano 1976 ata hoxe.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO OU COPIE E REPRODUZA ESTE LINK: https://archive.org/download/xose-manuel-rabunal/Xose-Manuel-Rabu%C3%B1al.mp3

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution