Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.
O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: ?Sofía Casanova e o seu tempo?
Data: 21 de outubro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Mª Rosario Martínez (Charo) é Licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola USC, exercendo de profesora de Lingua e Literatura española no Ensino Secundario durante máis de 35 anos.
Iniciou as súas investigacións no ano 1984, cando se aprobou no claustro a proposta de pór o nome da escritora Sofía Casanova ao daquela Instituto de Ensinanza Media ?Camilo Alonso Vega? de Ferrol, no cal tiña o seu destino como Profesora numeraria de Lingua e Literatura Española. A súa tese de doutoramento, publicada en 1999, titulouse Sofía Casanova. Mito y literatura.
As publicacións de Charo son innumerábeis, sempre arredor da figura de Sofía Casanova e o seu tempo, as súas relacións, actividades, viaxes, así como a súa vida en Polonia, onde a investigadora encontra un espazo ideal para seguir a desenvolver o seu traballo.
Na palestra se abordará a azarosa vida e fecunda obra de Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña 1861), escritora de novela e teatro, poeta e tradutora políglota, que chegou a ser proposta para o Nobel de Literatura e foi a primeira reporteira bélica española, que contou catro guerras a pé de trincheira e relatou a revolución rusa de 1917.
PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/charo-mnez/CharoMnez.mp3
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com