Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.
O vindeiro día 9 de decembro o delineante, técnico en xestión teatral e debuxante e humorista gráfico Francisco Oti Rios, Paco Oti, impartirá unha palestra co título:
?Tespis, o contexto teatral coruñés?, título do seu libro que tamén presentará no acto.
Data: 9 de decembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Francisco Oti Ríos (Cabanas, A Coruña, 1954) traballou ao longo da súa traxectoria vital en case todas as facetas escénicas, produción, iluminación, dramaturxia e investigación. Esta experiencia diversa levouno a investigar no eido teatral, compilando arquivos e ordenando un material moi disperso documentalmente, e clasificando os datos atopados para reconstruír un pano teatral galego con traxectorias de grupos e protagonistas.
É membro fundador do Grupo Teatro Círculo de Perlío (1974). Realizou cursos de formación teatral (Iniciación, expresión, voz, mimo e produción) impartidos por Manuel Lourenzo, polo grupo francés ?Les Tafurs?, Juan Mandli, Alfredo Mantovany, ?Elvio Sciarreta? e outros importantes persoeiros do mundo teatral. Impartiu diversos cursos ao longo de toda Galicia, entre os que destacan: ?Máscaras, xigantes e cabezóns?, cursos de iniciación ao teatro e de plástica parateatral). Foi técnico de xestión en artes escénicas e musicais en distintas actividades e mostras relacionadas co teatro por toda Galicia. Ocupou o cargo de vicepresidente do Ateneo Ferrolán e estivo vinculado á programación teatral e artes plásticas durante 4 anos, foi experto en teatro da Xunta de Galicia (Programación de espectáculos en concellos) e xefe de produción do Centro Dramático Galego (Produción e distribución de teatro, 34 obras durante 13 anos), entre outros cargos e colaboracións no eido teatral e na banda deseñada.
Co nome de Tespis, o primeiro actor do que se ten coñecemento -disque actuou no teatro de Dioniso no 534 a.n.e., un grupo teatral independente abrolla na escena galega nos anos 60, cun compromiso cultural e mesmo de resistencia fronte á opacidade da época.
A.C. O Facho
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com