Palestra:?Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política?. Pedro Alonso Iglesias
por O equipo do Facho.com|Publicado 28 de Febreiro de 2026
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primer trimestre de 2026.
O vindeiro día 3 de marzo o naturalista, ecoloxista e licenciado en Ciencias Biolóxicas Pedro Alonso Iglesias pronunciará unha palestra co título:?Os lumes de 2025 e os que han vir. Sen defensa fronte á inacción política?.
Data: 3 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa
O noso convidado é Pedro Alonso Iglesias (Vigo, 1966). Socio da Sociedade Galega de Historia Natural en 1981, impulsa xunto con varios compañeiros e compañeiras a creación en 1983 da asociación ecoloxista e naturalista ERVA, que permaneceu activa na cidade olívica até 2006 e en Santiago de Compostela desde 2001 até 2010, data na que se disolve. Foi un dos dous representantes ecoloxistas que en 1991 participaron nas reunións da Mesa Forestal organizada pola Dirección Xeral de Montes da Consellería de Agricultura de Tomás Pérez Vidal, encarregada do seguimento institucional da elaboración do Plan Forestal de 1992, e da que se retirarían en protesta pola censura das propostas conservacionistas.
Profisionalmente, en 1993 foi un dos fundadores da empresa de consultoría ambiental Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L., coa que desenvolveu diferentes estudos e traballos descritivos e de xestión de especies da fauna e de espazos naturais. Ten unha longa traxectoria na avaliación e seguimento do impacto ambiental de proxectos de enerxías renovábeis, desenvolvendo numerosos traballos dentro da empresa EMAT, S.L., na que tamén impulsou proxectos para a Xunta de Galiza de caracterización da poboación galega de toupeira de agua Galemys pyrenaicus ou de asesoramento na xestión do lobo.
En 2025 publicou o libro A fraga esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos, na Editorial Toxosoutos. Forma parte do colectivo que impulsa o blog de opinión e divulgación sobre incendios e xestión multifuncional do monte IncenDiario.
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)
Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade.
O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura.
Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...).
Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info
Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com