O FACHO: Manuel Murguía: un folclorista atípico, por DIEGO RODRIGUEZ GONZÁLEZ

O FACHO: Manuel Murguía: un folclorista atípico, por DIEGO RODRIGUEZ GONZÁLEZ

07-04-2026

O FACHO: Manuel Murguía: un folclorista atípico, por DIEGO RODRIGUEZ GONZÁLEZ

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2026.

O vindeiro dia 7 de abril o historiador Diego Rodríguez González impartirá unha palestra co título: "Manuel Murguía: un folclorista atípico"

Data: 7 de abril, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Diego Rodríguez González licenciouse en Xeografía e Historia, especializándose en Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística. Ocupou diversos postos como bolseiro, destacando na Biblioteca Nodal de Ourense, como profesor no Centro Bibliográfico Superior de Galicia e como técnico superior na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago. Responsable de Cultura na Barrié e académico correspondente da Real Academia Galega. Publicou numerosos artigos sobre Murguía e Rosalía e un libro que é unha edición do material das Rimas.

Desde 2011 colabora coa Real Academia Galega na renovación tecnolóxica do seu diccionario e a creación do Portal das Palabras, plataforma dixital iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a promoción do léxico e do aprecio social pola riqueza lingüística de Galicia.

?Murguía achégase ao folclore cun método e uns obxectivos diferentes de case todos os outros colectores. As súas recollas son sempre mediadas e o seu interese histórico, antropolóxico e de construción nacional. Pero isto non significa un desleixo na transmisión dos valores lingüísticos e artísticos que as rimas que recolleu portaban e que hoxe son probablemente o máis relevante do seu legado como folclorista malgré lui?.

Agrupación Cultural O Facho

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution