O FACHO: Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo, por RAMON NICOLAS

O FACHO: Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo, por RAMON NICOLAS

13-05-2026

O FACHO: Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo, por RAMON NICOLAS

A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convida a vostede a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do segundo trimestre de 2026 nesta ocasión co gallo da celebración do Día das Letras Galegas dedicado á escritora viguesa Begoña Caamaño.

O dia 19 de maio o profesor e escritor Ramón Nicolás Rodríguez falará sobre: ?Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo?

Data: 19 de maio, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Ramón Nicolás Rodríguez exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo). Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións e, desde hai anos, no suplemento ?Fugas? de La Voz de Galicia. Mantén, desde 2010, o ?Caderno da crítica. Literatura galega?: un dos blogs literarios máis veteranos e activos de Galicia.

Membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, é autor de A nena que perdeu un zapato na lama, sobre a infancia de Begoña Caamaño. Desde o ano 2021 é membro correspondente da Real Academia Galega. En 2011 ingresou como padroeiro na Fundación Celso Emilio Ferreiro e dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. É tamén ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Recibiu diversos galardóns como o Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012).

Publicou dúas novelas -O espello no mundo (2016) e Lapis na noite (2018)- e asinou diversas traducións e ensaios, ademais de editar e estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego ou Celso Emilio Ferreiro.

A palestra que impartirá Ramón Nicolás leva por título ?Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo? e ofrecerá un repaso por aqueles elementos biográficos que se proxectan na modulación dunha personalidade radical, enérxica e comprometida como foi a de Begoña Caamaño.

Ademais realizará unha revisión polos aspectos literarios e xornalísticos máis relevantes da escritora protagonista do Día das Letras 2026.

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution free blog software