| « Roteiro polo Espaço Natural e Arqueológico dos Sete Caminhos | O galego na encruzilhada, perspectivas e alternativas » |
Como já vos anunciamos, o 28 de Outubro começamos umha nova jeira e para apresentá-la organizamos umha palestra sobre a situaçom da nossa língua na que, além do Domingos Antom Garcia, presidente de Amig@s da Cultura, participárom o presidente da AGLP, Martinho Montero Santalha, e a catedrática de Língua no IES Valle Inclán, Pilar Freitas.
Os dous conferenciantes e o público assistente pudêrom debater sobre quais som actualmente os reptos que o a nossa comunidade lingüística tem de superar para romper a dinamica tendente a umha morte silenciosa do idioma, reptos como a superaçom das políticas contrárias ao galego promovidas pola Junta da Galiza em ámbitos como o ensino, a reintegraçom no espaço lingüístico da Lusofonia ou a criaçom de ferramentas sociais que fagam avançar o processo de normalizaçom lingüística no nosso País.
| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | > >> | |||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | |