BOM DIA DO APALPADOR !!!!

BOM DIA DO APALPADOR !!!!

Hoje 24 sai o apalpador da gentalha a isso das 17h00. Quem queira acompanha-lo pode-se passar polo pichel umha hora antes vestido/a de preto.

Escrito em 23-12-2008, na categoria: Notícias
Chuza!

4 comentários

Comentário de: xose piñeiro [Visitante]  
xose piñeiro

Ola, amigos. Alertado pola voz de galicia da existencia do apalpador, non poiden outra cousa que poñerme a investigar nesta figura tan auténtica. cheguei a vos coma “instigadores” e a verdade que teño que estarvos moi agradecido porque este fin de ano voulle poñer ao meu sobriño un regaliño firmado cunha castaña para que empece a descubrir o misterio.

As ilustracions de LEANDRO LAMAS son flipantes. Voulle dedicar tamén unha entrada no meu blog, igual que teño unha preparada para o APALPADOR.

Gustame deixar recado polo menos para que saibades que tiven usado material voso, fago referencia a vosa asociacion e enlazo o nome a vosa web .

Saudiños e moi agradecido

Xose Piñeiro

BLOG PIRANOIAS
http://compostelaesgrima.blogspot.com

24-12-2008 @ 15:34
Pequeno monstro (Rádio FilispiM)

O Apalpador apareceuse en Rádio Filispim, 93,9 FM!!!!

Así foi. Aconteceu durante o programa Divertimento para pequenos monstros, que apresenta o Pequeno monstro. Podedes ouvir o documento neste enlace: www.pequenosmonstros.blogspot.com

ou mesmo en www.opaii.blogspot.com

25-12-2008 @ 13:52
Comentário de: Canedo [Visitante]
Canedo

Eu penso que este personaxe ten un problema que ainda é posible amañar dado que non está moi popularizada a imaxe. O Apalpador, tamén chamado Pandegueiro ou Pandigueiro, é descrito na Limia e nas terras do barroso coma un xigante que leva coroza. O certo é que á hora de caracterizalo basearonse nun deseño que lembra moito o Olentzero vasco. Non vai percibir boa parte da sociedade galega a este personaxe coma unha mala copia do Olentzero? Por que non leva unha monteira, das moitas que hai de diferentes tipos todo ao longo e largo da xeografía galega? Por que non leva tamén unha coroza? Que é esa recua de elfos vestidos de verde coma se foran os ananiños de Santa Claus? Se era carboeiro, como vestian os carboeiros, que facían antano carbón de leña nos bosques galegos? que ferramentas usaban? Ollo, que isto non deixa de ser unha critica constructiva a iniciativa, que se non chega a ser pola Gentalha do Pichel, o Apalpador/Pandigueiro, seguiría a durmir no bosque do esquecemento.

29-12-2008 @ 17:45
Comentário de: gentalha [Membro]  
gentalha

Preçado canedo,
O Apalpador chegou a nós, à gentalha, inicialmente metidinho no texto do José André que podes atopar no PGL. Ésse foi o primeiro nome que conhecimos(Romeor do Courel), o segundo foi o Apalpabarrigas (As Nogais), e o terceiro Pandigueiro (Trives). Com certeça aportaram-se novas denominaçons, mas pensamos que é fundamental unificar respeitando as outras denominaçons. Já é tarde para mudar o nome. Se o fazemos… que faremos se apareze um melhor que pandigueiro na terra cha ou na ulha?
vamos ir cambiando o nome a cada no vo descubrimento?
Nom nos basamos no Olentzero, enviamos o texto cos dados recolhidos e um grande amigo trasanques interpretou-no assim. Boa parte da sociedade galega percebeu o nosso desenho correctamento e já esta incorporado ao nosso sentir colectivo.
Vai vestido como deve ir, como recolhimos da gente que se lembra dele. Certo é que nom todo o mundo vai concordar no atuendo, mas nom entendo porque queremos situa-lo num tempo determinado que alguem interpretou algum día que era o mais “gallego". Eram galegos e galegas as do século XVIII e também as de fai 30. Monteira, coroza.. está bem; e se o subimos num Mamut com um garrote?
Que nos saibamos só os Centros Sociais se pujerom mans à obra. Isso é o necessario. Nom assumir com disciplina o que outras fam, mas confiar na gente organizada e por-se a trabalhar.
Um saudo, e que che traigam muitos presentes os “trasgos” de verde que por vezes lhe botam umha mam ao nosso Apalpador.

01-01-2009 @ 19:12

    SEMENTE

      Somos um grupo de compostelanas e compostelanos decididos a fazer activismo cultural na nossa cidade e comarca. A língua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nossos costumes, a nossa história, a nossa música... som os nossos eixos de trabalho.

      Documentário Quatro anos de Gentalha já na rede!

      A Gentalha do Pichel Centro Social O Pichel Loja da Gentalha

        AGENDA DE EVENTOS

          Busca

          O blogue do Apalpador

          blogging soft