
Que a Galiza é um país riquíssimo em património sabemo-lo todas. E que este património está num estado deplorável, sem cuidados nem protecçom de nengum tipo, é umha realidae evidente.
O que parece mais paradoxal é que umha cidade como Compostela, tam preocupada aparentemente com a preservaçom do património, mantenha no esquecimento e abandono os restos arqueológicos
da sua envolvente.
Parece ser que o que nom tem um hotel, um restaurante ou umha caseta de gelados a poucos metros nom é suficientemente rentável.


Nós pensamos que o valor do património nom tem porque ser medido em termos de benefício económico achegado polos turistas.
Por isso, sem meios económicos mas com muito empenho, estamos decididas e decididos a tirar do esquecimento parte da nossa história.


Na passada semana a comissom de memória histórica instalou 6 placas metálicas a indicarem a localizaçom de dous dos principais petróglifos da comarca.
Este trabalho manterá-se e esperamos que sirva para animar outras pessoas ou instituiçons a valorizar o que temos.

Escrito em 07-03-2009,
na categoria: Notícias
|
e unha mágoa que as administracións competentes non se preocupen de coidar o patrimonio cultural que temos repartido por toda a nosa terra. Gastan os cartos en cousas que so eles lle atopan sentido, e sen embargo non hai cartos para facer unha simple limpeza e a posta en valor do petroglifo máis do seu castro. Pareceme moi valente a vosa iniciativa, animo.
Nom, nom que fagam teleféricos, cidades da ‘cultura’, elevadores(a Corunha)…
Avante com a iniciativa, vós sim que valedes!
Meritoria actuación, oxalá a Dirección Xeral de Patrimonio, os concellos e as deputacións fosen tan dilixentes como vós. :D
Somos unha Asociación Cultural de Sober (no sur de Lugo) centrada na recuperación do Patrimonio a todos os niveis que naceu ante a deixadez das institucións, sobre todo do Concello de Sober, pola Memoria en sentido amplo. Na nosa zona hai máis de 20 petroglifos (18 catalogados, pero localizáronse varios máis) e ningún sinalizado. De momento, fixemos unha publicación sobre os petroglifos de Sober (sipoñible na nosa web) e estamos a facer un folleto cun mapa moi claro onde se sinalan estes gravados rupestres, pero hai tempo que lle damos voltas ó de sinalizalos… Gústannos os modelos de carteis que puxestes, igual volos copiamos!
Un saúdo e ánimo dende Sober!!!