Nesta ocasiom, o núcleo de petróglifos escolhido foi o do Lugar de Correjins, Paróquia de Figueiras. Como sabedes, este trabalho de dignificaçom e denúncia foi algo permanente nos últimos anos de trabalho da Comissom de Memória Histórica. De facto, já temos indicados e explicados os do Pedroso, a Pedra que Fala em Fecha e os do Castrinho de Conjo. Continuaremos.
Escrito em 25-10-2010,
na categoria: Comissons
|
moitas gracias polo que estades a facer. Veño do monte pedrozo e se non fose pola vosa sinalización non chegaría a ver o legado dos nosos antergos
Impresionante, parabéns polo traballo. Iso si, eu faríao na grafía oficial, sobre todo neste caso; agardo que a xente non o lea á “castelá"…
Já postos, ficava melhor em espanhol, assim nom provocava confussom algumha.
Parabéns, mais a sinalización do Castriño de Conxo apenas se conserva a sinal vandalizada situada preto da pedra e está todo o monte sen limpar que custa chegar á laxe
A sinalización non semella que servise para a posta en valor nese caso.
No caso concreto do Castrinho de Conjo, forom muitas as pessoas que enviarom correios à gentalha agradecendo a sinalizaçom (algumhas delas com imagem adjunta).
Quando sinalizamos, organizaramos umha visita nocturna de grande afluência que admirou e pujo em valor este tesouro milenário.
O certo é que a erva cresce; isso sim.
Deve ser coincidência, mas na última comissom de memória histórica falamos de organizar umha jornada para desbrozar a zona. Se tes disponibilidade, envia um mail e avisamos-te.
Hoxe fomos por alí a ver se o dábamos atopado e algúns dos carteis non estaban, de feito só puidemos ver o que está na marquesina do autobus e outro pequeniño que nin letras tiña, do resto nada.
Por exemplo o primeiro sinal que se ve nas fotos non está, ou polo menos estou practicamente seguro de que non estaba, o da marquesina azul está, e o que está debaixo da foto da marquesina non ten letras.
A foto que está xusto enriba da dos petroglifos ten un sinal que tampouco está xa, e aquí ven a miña pregunta, ao chegar aí para onde carallo se vai? xD
Porque hai dous camiños, un de fronte (o que se ve na foto que leva ao monte e tal) e outro á dereita, e hoxe fíxosenos de noite cedo e desistimos porque non estábamos seguros de onde ir.
Un saúdo e graciñas por esta labor que está moi ben para os que desfrutamos con estas cousas.
Encantado. O meu correo: lansbricae@gmail.com.
Saúdos