Achega-se o Apalpador com um cabaz!

Achega-se o Apalpador com um cabaz!

... E no nosso local já se começa a sentir a sua proximidade: por enquanto, deixou-nos um enorme e suculento cabaz cheio de cousas ricas que será sorteada por ele mesmo na tarde do dia 23. Sim, ouvistes bem! O Apalpador visitará-nos no dia 23 e fará ele próprio o sorteio! Vem polo Pichel e reserva o teu número!
Também temos postais, cartas para enviar-lhe...

um queijo como este e muitas cousas mais estám à vossa espera. Mmmmmm....

Escrito em 03-12-2010, na categoria: Comissons
Chuza!

1 comentário

Comentário de: Miguel Losada [Visitante]
Miguel Losada

Algunhas novas mais sobre o pandigueiro.

Inda sendo un nativo como son da Terra de Trives, no é moi doado engatuñalo fio falando coa xente.
Logo de moito, cando se pode, preguntar, escoitar e lembrar; logo de percorrer a Serra e voltar os lugares, puiden recoller algúns anacos mais do naufragio, ciscados nas aréas da aculturación que padecemos.
Resultou, das conversas mantidas, en resumo, que:

1º O pandigueiro é, xa que eu o vin. Así o lembro.
2º Outra xente tamén, mais prefiren non lembrar. ? E pra que o queres ló?
Venlle os pobres, ós menos opulentos.
3º Padecémolo síndrome de: ?pois xa que o sabes voucho contar, xa que non é así.?
4º San Mamede ( parroquia de A Pobra de Trives), Santa maría de Coba, A Pena Folenche, Ponte Navéa.( Tamén) A Pedreira ( pobo sen xente)
5º Voz ?Pándigo?: Inocente, pouco avisado, papón, parviño.
6º Pandigueiro o que se asimila co inocente, co coitado pero tamén co que inda está virxe, sen alterar: Falando dos nenos: ? O que somos e no que nos convertemos!!?
O que está na parte brava, non mansa da vida. Da banda dos animais, da serra por extensión; da Terra; dalá de onde todos vimos.
7º O pandigueiro ven CHEIRAR, non tanto apalpar, os bandulliños dos nenos. Inda se lles fai, ós nenos, a trouliña de adiviñarlles o que comeron cheirándollela barriguiña, ou petando no couquizo e cheirando logo os dedos. ? como facia o Santo? Mais Cal Santo?
8º O tal santo é : SAN MAMEDE.
9º San Mamede baixou no alto da Serra dende unha nube, un dia de trono. Tropezou e cas galochas petou nos penedos da Serra. Veu por que era pastor.
10º Mamaba do leite( leite con castañas, purgazos, que comen os meniños os que vai ver) dos animais, todos lle eran amigos. Na súa terra botárono para que o comeran os lobos pero estes axudárono. Os regalos que trae son figuriñas de animais ( feitas de madeira de amieiro, cocido para que non abra)
Unha corza e un lobo axudaronlle a facer unha casa no mais alto, no medio da neve.
11º Il é moi rico por herdanza, mais vive como o mais pobre. Logo valedor dos mais pobriños de todos: os meniños. Ademais Foi santo sendo neno e foi dúas veces orfo: Primeiro dos pais e logo da nai que mirou por il.
12º Sacáronlle as tripas para matalo. Logo o bandullo é o seu símbolo, eles non deben sufrir por causa da barriga.

Despois de consultar elementalmente a biografía do santo resultan chamativos os paralelismos entre a tradición galega e esta.
Ademais parece que, na orixe a súa festividade caía no aninovo bizantino, entorno cultural desta figura.
A extraordinaria extensión da advocación a San Mamede, Mamet, Mamés, e demais, por boa parte de Europa ten que encaixar dalgún xeito co feito de que en Galicia está moi presente tamén.
Se San Nicolás chegou a ser ?papá Noel? San Mamede tamén pode selo, se cadra con mais motivo. digo eu e así o propoño.
O mismo Padre Sarmiento fala del, do santo, dicindo que os galegos aseguran que o santo era galego inda que Sarmiento o nega, ó tempo que asegura que é un nome ben común nesta terra mais somentes se lle por os ?rústicos? ( Colección de voces y frases gallegas. José Luis Pensado ed. Vol I pg. 378. http://books.google.es/books?id=371UwN37lPkC&lpg=PP1&vq=san%20mamede&dq=vida%20de%20san%20mamede&pg=PA378#v=onepage&q=san%20mamed&f=false

Saudos
Miguel Losada.

12-12-2010 @ 03:00

    SEMENTE

      Somos um grupo de compostelanas e compostelanos decididos a fazer activismo cultural na nossa cidade e comarca. A língua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nossos costumes, a nossa história, a nossa música... som os nossos eixos de trabalho.

      Documentário Quatro anos de Gentalha já na rede!

      A Gentalha do Pichel Centro Social O Pichel Loja da Gentalha

        AGENDA DE EVENTOS

          Busca

          O blogue do Apalpador

          blog engine