A Gentalha do Pichel estivo durante 3 anos aprendendo tradiçons nas montanhas do leste da galiza para estrear este documentário do Apalpador.
Temos dezenas de gravaçons, todas juntinhas, que conformam umha mostra verídica e carregada de humanidade da nossa mais genuina tradiçom de inverno. O Apalpador é um invento, um invento milenar que emana das memórias graníticas da nossa terra. Inventamos o Apalpador a cada inverno, a cada folerpa. inventamo-lo e reinventamo-lo desde antes que tu nascesses. Copiamos esta tradiçom do Pai-Natal; do Esteru, do Olentzero, do Sam Nicolau, do Julemanden, do Ded Moroz e do Joulupukki... e eles copiárom a nossa. Copiamos todinho com papel de calco. Copiamos há mil anos nos espelhos da faixa atlántica europea.
Na Galiza urbana do segundo milénio, umhas poucas resistentes configurárom o sujeito da mais recente reinvençom do Apalpador.
Escrito em 21-12-2012,
na categoria: Notícias
|
Se nota que es un montaje. Seguro que le pagasteis a esa gente para que dijeran eso. Si Xocas y Risco levantaran la cabeza…
Excelente traballo a prol da Cultura Galega. Un documento que vale mais que unha Academia enteira.
Parabéns!!
Moito obrigado, Gentalha, por non deixardes esvaecer o mito.
Boa virada do ano.
Ola!
O voso traballo serve para que xente coma mín, traballe moito máis felíz.
A miña pequena aportación ( para nenos e humorístico) Agardo que goste.
Xa me diredes.
Graciñas polo vídeo. É ben fermoso e un traballo moi útil como recurso.
Bo ano!
Galibanes,
Seguro que ese tal Tocador (The toucher, en bilingue) es un invento vuestro. Como eso de la bijarda.
Adonde vais a ir con el Tocador, si ya no sirve para nada pasado el Bierzo?
Mejor harías en comer rosbiff por navidad, como hago yo y mi Vigo’s city family. Éso sí que es cosmpolita!