O FACHO: Manuel Bermejo Patiño- ?Casares: A consolidación da experimentalidade en Galicia?.

11-04-2012

Agrupación Cultural O Facho

Federico Tapia 12-1º

15011 A Coruña

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindeiro dia 17 de Abril, martes, ás 8 do serán o Catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Bermejo Patiño, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura e Naçom?, coa exposición titulada ?Casares: A consolidación da experimentalidade en Galicia?. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 ? Cidade Vella ? A Coruña.

Manuel Bermejo é na actualidade profesor investigador da USC.

Do amplo curriculum deste profesor cabe destacar:

- Director dun Grupo numeroso de Investigación en Química Bioinorgánica e Supramolecular.

- Publicacións de traballos en revistas internacionais do mais alto nivel e comunicacións científicas ao longo de todo o mundo.

- Ten organizado e participado en múltiples congresos nacionais e internacionais, tanto da súa especialidade como da Historia da Ciencia e de Educación Ambiental.

- Director dun Grupo de Traballo sobre Conservación e posta en valor do Patrimonio Científico de Galicia; Director do traballo Estratexia Galega de Educación Ambiental e participante no Proxecto Galicia 2010.

- Traballos pedagóxico-didácticos, libros de Ciencia e Divulgación científica, artigos en revistas galegas e españolas e múltiples conferencias de divulgación.

- Director e colaborador na dirección de diversas Teses de Doutoramento de Historia da Ciencia en Galicia.

Día: 17 de Abril- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega

R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella ? A Coruña

O FACHO; ?Galiza no contexto mundial? por Artur Alonso Novelhe -

21-03-2012

Artur Alonso fixo un percorrido pola historia económica mundial, para analizar as características propias de Galiza no contexto global.
Galiza debe aproveitar as suas características máis singulares e sairá con éxito da crise:
"O galego é unha lingua internacional, que nos conecta con Portugal, Brasil, Angola, Mozambique..
Formamos parte do mundo celta.
Se o centro do mundo económico é o Atlántico Norte, aí é onde estamos nos. Non somos periferia senón centro.
Crear ?marca propia? baseada na posta en valor das diferencias. Aproveitar a tecnoloxía, a formación dos nosos técnicos, a paisaxe, a gastronomía.."
Como sempre ao findar a sua exposición o conferenciante mantivo un colóquio co público asistente.

O FACHO; Artur Alonso Novelhe - ?Galiza no contexto mundial?.

16-03-2012

Agrupación Cultural O Facho

Federico Tapia 12-1º

15011 A Coruña

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindeiro dia 20 de Marzo, martes, ás 8 do serán o escritor, Artur Alonso Novelhe, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura e Naçom?, coa exposición titulada ?Galiza no contexto mundial?. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 ? Cidade Vella ? A Coruña.

Artur Alonso é escritor e funcionario do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); na súa mocidade participou en asociacións culturais e de traballo social como ?Meendinho?, de solidariedade como ?COSAL? (Comité de Solidariedade con América Latina), e deportivas como ?Arranjar?.

Como escritor e poeta ten publicado tres libros ?Entre os teus olhos?, ?Uma meixela depois a outra? e ?Filhos da Brêtema?, o mais recente en edición bilingüe galega e catalá. Así como o libro colectivo ?Dez x Dez? da editorial Abrente.

Foi gañador do XVIII Premio de Poesía ?Feliciano Rolán?, no ano 2004, e Mención especial no XXVI Premio Mundial da Poesía Nosside, do ano 2010.

Participou en numerosos certames poéticos da nosa terra e do norte de Portugal; é membro do Club dos Poetas Vivos, onde ten participado en numerosos recitais poético musicais.

Colabora con xornais e revistas dixitais, onde publica artigos de opinión de diversa temática política, lingüística e cultural. No ano 2010 participou no III Congreso Internacioal de Estudos Celtas, coa palestra: ?Galiza: ponte das relaçoes culturais atlânticas?

É membro numerario da AGLP ( Academia Galega da Língua Portuguesa) e Secretario do IGEC (Instituto Galego de Estudos Celtas).

Dia: 20 de Marzo- Hora: 8 do serán

Local: R. Academia Galega

R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella ? A Coruña

O FACHO: ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX? por Ana Romero Masiá

07-03-2012

O FACHO:  ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX? por Ana Romero Masiá

O pasado dia 6 de Marzo, a Catedrática de Xeografía e Historia no Instituto Monte das Moas da Coruña, Ana Romero Masiá, falou dentro do ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, coa exposición titulada ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?. O acto celebrouse na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 ? Cidade Vella ? A Coruña.
A profesora espuxo a sua moi interesante palestra apoiandose en fotografias e textos para mellor comprender o ?penible? traballo da muller, tanto nas fábricas que se foron instalando no País, como noutros traballos gremiais realizados fora do fogar.
Como sempre ao finalizar a sua exposición a conferenciate mantivo un colóquio co público asistente.

Enlace a presentación
http://www.youtube.com/embed/2hNzFle_PcA"

O FACHO: Ana Romero Masiá- ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?

03-03-2012

Agrupación Cultural O Facho
Federico Tapia 12-1º
15011 A Coruña

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra
O vindeiro dia 6 de Marzo, martes, ás 8 do serán a Catedrática de Xeografía e Historia no Instituto Monte das Moas da Coruña, Ana Romero Masiá, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, coa exposición titulada ?Mulleres proletarias na Coruña a comezos do século XX?. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 ? Cidade Vella ? A Coruña.
Ana Romero é licenciada en Historia Antiga e Historia da Arte pola Universidade de Santiago e Doutora en Humanidades pola Universidade da Coruña.
Ademais da súa actividade docente, desenrola unha actividade investigadora en tres áreas:
1. Arqueolóxica; como membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto ?Padre Sarmiento? do CSIC, dirixiu as escavacións no castro de Borneiro entre 1980 e 1989. Relacionados con este ámbito ten distintos traballos publicados.
2. Didáctica- pedagóxica; formou parte de numerosos grupos de innovación pedagóxica dos que xurdiron distintas publicacións
3. Historia Contemporánea; con publicacións individuais e en colaboración. Entre as primeiras: A Fábrica de Tabacos da Palloza(1997); Severino Chacón, líder sindical do mundo do tabaco(2003); A Coruña liberal(2005); A represión franquista na Fábrica de Tabacos da Coruña(2005).
Foi poñente/ relatora en múltiples cursos de carácter didáctico e participou en numerosos congresos.


Dia: 6 de Marzo- Hora: 8 do serán
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Vella ? A Coruña

O FACHO: Diego Bernal Rico - ?Apelidos Galegos-Portugueses?.

24-02-2012

Agrupaçom Cultural O Facho
Frederico Tápia 12-1º
15011 A Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindouro dia 28 de Fevereiro, terça-feira (martes), às 8 do serám; o licenciado em filologia galega pola Universidade da Corunha, Diego Bernal Rico, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, com a sua exposiçom intitulada ?Apelidos Galegos-Portugueses?. O acto celebra-se na R. Academia Galega, Rua Tabernas n. 11 ? Cidade Velha ? A Corunha.

Bernal Rico foi bolseiro do projecto CORGA do Centro Ramón Piñeiro, técnico de normalizaçom lingüística na Câmaras municipais de Monfero e Minho, professor de língua galega na Escola Oficial de Idiomas Jesus Maestro de Madrid, tem leccionado cursos de língua para diferentes entidades como o sindicato UGT ou o próprio Facho. Na actualidade mora no Brasil onde dá aulas de língua, literatura e cultura galegas na Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Junto com Xosé Maria do Barro Paz, Manuel Dans e Afonso Mendes fijo um estudo sobre o ferrolano José Fontela Leal publicado pola Real Academia Galega no seu Boletim. Recentemente tirou do prelo um livro para nenos protagonizado polo personagem lendário do Apalpador e ilustrado polo pintor Manuel Bernal. Como conferencista ministrou seminários pedagógicos em parceria com o Centro de Recursos Didácticos do Espanhol do Ministério de Educaçom e proferiu palestras por diversas universidades do Estado do Rio de Janeiro sobre literatura, cinema e língua. Recentemente, convidado polo Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal de Niterói, deu um curso intitulado A literatura galega através da música.

Dia: 28 de Fevereiro - Hora: 8 do serám
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Velha ? A Corunha

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d?O Facho

O FACHO: ?Brasil, o país do presente - imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea.? por Vivian Torres de Mello Rangel, -

15-02-2012

O FACHO:  ?Brasil, o país do presente - imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea.? por Vivian Torres de Mello Rangel, -

O passado dia 14 de Fevereiro, terça-feira, às 8 do serám; a professora e ensaísta, Vivian Torres de Mello Rangel, compartilhou com os cidadás assistentes ao ciclo, ?Língua, Literatura, e Naçom?, a sua exposiçom intitulada ?Brasil, o país do presente - imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea.?. O acto celebrou-se na R. Academia Galega, Rua Tabernas n. 11 ? Cidade Velha ? A Corunha.
A professora Torres de Mello Rangel deu a conhecer umha mui interessante leitura tanto diacrónica como sincrónica da literatura brasileira, ilustrando a mesma com significativos fragmentos de textos de distintos autores assim como com fotografias da época para a melhor compressom da exposto pola conferencista.
Como sempre ao findar a sua exposiçom a conferenciante mantivo um colóquio com o público assistente.

O FACHO: Vivian Torres de Mello Rangel, - ?Brasil, o país do presente - imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea.?

13-02-2012

Agrupaçom Cultural O Facho
Frederico Tápia 12-1º
15011 A Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra


O vindouro dia 14 de Fevereiro, terça-feira (martes), às 8 do serám; a professora, Vivian Torres de Mello Rangel, falará dentro do ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, com a sua exposiçom intitulada ?Brasil, o país do presente - imagens do Brasil dentro da literatura contemporânea.?. O acto celebra-se na R. Academia Galega, Rua Tabernas n. 11 ? Cidade Velha ? A Corunha.

Torres de Mello Rangel, tem cursado estudos em distintas Universidades. Mestrado em Literatura Comparada Contemporânea realizado nas universidades: Universidade Nova de Lisboa, em Portugal, University of Saint Andrews, na Escócia e USC. Post-graduaçom em Literatura Brasileira na Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Graduaçom Superior em Comunicaçom Social - Jornalismo ? na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Doutorado em Literatura Comparada Contemporânea na USC. Tese com o título provisório ?Narrativas na Rede. O discurso ficcional em processo?. Em curso. Actualmente exerce como professora-leitora de português do Brasil, responsável por aulas de Literatura do Brasil, Cultura do Brasil e aulas de língua na USC.
Foi a responsável pola produçom do planejamento de mídia para os lançamentos da editora Nova Fronteira e divulgaçom da imprensa nacional no Brasil. No Jornal do Brasil exerceu como: Responsável por matérias na área literária sobre mercado editorial, resenhas e cobertura de eventos. Repórter do Caderno Ideias - suplemento literário e cultural. Produçom de artigos, resenhas e entrevistas sobre literatura, mercado editorial e tendências no mundo literário. Entrevistas com escritores nacionais ( Sergio Sant?anna, Eric Nepomuceno, Adriana Lisboa, Ignácio de Loyola Brandão, Silviano Santiago, Antonio Torres, entre outros); e internacionais (John Banville, Cees Nooteboom, Paul Auster, David Toscana, Guillermo Arriaga, entre outros).

Dia: 14 de Fevereiro - Hora: 8 do serám
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Velha ? A Corunha

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d?O Facho

O FACHO: - ?Joám M. Pintos? por Carme Ríos Panisse

08-02-2012

O FACHO:  - ?Joám M. Pintos? por Carme Ríos Panisse

O passado dia 7 de Fevereiro, terça-feira, às 8 do serám; a professora e ensaísta, Carme Rios Panisse, compartilhou com os cidadás assistentes ao ciclo ?Língua, Literatura, e Naçom?, o seu estudo e investigaçom sobre a vida e obra do precursor ?Joám M. Pintos?. O acto celebrou-se na R. Academia Galega, Rua Tabernas n. 11 ? Cidade Velha ? A Corunha.

A professora Rios Panisse expujo a sua mui interessante palestra ilustrando-a com significativos poemas da figura estudada assim como com fotografias da época para a melhor compressom da transcendência da obra e vida de Joám Pintos. Reflexionando sobre o exposto pola conferencista leva-nos a afirmar que muitas das eivas e pechas sob os que estavam escravizadas as classes populares galegas seguem hoje tam rejas como há dous séculos: emigraçom, miséria, etc.. o que nos leva a pensar se de facto nom existe umha política desenhada para Nós desaparecermos como povo e naçom.

Como sempre ao findar a sua exposiçom a conferenciante mantivo um colóquio com o público assistente.

O FACHO: Carme Ríos Panisse - ?Joám M. Pintos, a sua obra poética dispersa?

05-02-2012

Agrupaçom Cultural O Facho
Frederico Tápia 12-1º
15011 A Corunha

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra


O vindouro dia 7 de Fevereiro, terça-feira (martes), às 8 do serám; a professora e ensaísta, Carme Rios Panisse, falará dentro do ciclo ?Língua, Literátura, e Naçom?, com a sua exposiçom intitulada ?Joám M. Pintos, a sua obra poética dispersa?. O acto celebra-se na R. Academia Galega, Rua Tabernas n. 11 ? Cidade Velha ? A Corunha.

Carme Ríos Panisse estudou Filologia Românica na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou em 1973. Foi docente da USC nos Departamentos de Lingüística e Literatura Galega até que em 1982 conseguiu a Cátedra de Língua e Literatura Galega no IES "Rosália de Castro" em Santiago. É autora de vários livros de filologia e de crítica da literatura galega moderna, campo no que também publicou numerosos artigos.

Como estudosa do século XIX devemos salientar a sua contribuiçom ao projecto Galicia de Hércules Edicións com a parte intitulada ?Prerrexurdimento -1808-1840- e Os Inicios do Rexudimento ? 1840-18-, a autoria de numerosas vozes do Diccionario da Literatura galega de Galaxia, e do artigo ?Contos da miña terra (1864), primeira ediçom do Conto galego atribuído a Rosália de Castro? (Revista Grial 126). Em muitos destes trabalhos estava presente a figura de Joám Manuel Pintos Villar ao que dedicou também o estudo Obra poética dispersa de X. M. Pintos.

Dia: 7 de Fevereiro - Hora: 8 do serám
Local: R. Academia Galega
R/ Tabernas nº 11- Cidade Velha ? A Corunha

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d?O Facho

<< 1 ... 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 ... 61 >>

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution