Durante este luns día 19 e o martes día 20 de novembro tiveron lugar no IES Perdouro seis obradoiros de portugués (“OPS!” O Português Simples) dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Esta iniciativa puido levarse a cabo grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e da Associaçom Galega da Língua e tiña como obxectivo mostrarlle ao alumnado do noso Centro a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

Porque o noso alumnado, ao rematar a secundaria obrigatoria, descoñece que o portugués, a través do galego, pode formar parte do seu currículo e que, ao coñecelo, se abrirán moitas portas no mercado laboral de países de economía emerxente como é o Brasil. Porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor como consecuencia da globalización e o portugués, a través do galego, ampliará o seu ámbito formativo e laboral.


Licenciado em Filologia Hispânica e Galego-Portuguesa pela UVigo, possui um mestrado em Ensino de Línguas Estrangeiras pela Universidade de Alcalá de Henares. Residente em Santiago de Compostela, escritor e poeta, é também produtor e organizador de eventos lusófonos como a apresentação do Instituto Cultural Brasil-Galiza na Casa do Brasil de Madrid, o Encontro de Escritores da Lusofonia no Palácio da Brejoeira em Monção (Portugal) ou o éMundial em Vigo. Foi professor de português no Centro de Línguas da Universidade Carlos III de Getafe (Madrid) e professor de Língua e Literatura na E.S.O e Bacharelato. Faz parte do Conselho da AGAL. Canções, poemas e crónicas seus aparecem nos discos Meu canto (2011) de Uxía, Magnético Zen (2011) de Xoán Curiel e Son Brasilego (2012) de Sérgio Tannus.

FAÇA CLICK NA IMAGEM PARA CONSULTAR A UNIDADE DIDÁTICA

O mércores once de abril tivemos un obradoiro de portugués para todos os alumnos. Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial. Ensináronnos os lugares onde se fala esta lingua, vídeos de famosos portugueses e brasileiros, aprendemos a pronunciar algunhas palabras, escoitamos unha canción de Adriana Calcanhotto e logo completamos os ocos con palabras…
O que máis nos chamou a atención foi o pouco valorado que está o galego. A nós resultaríanos moi fácil aprender esta lingua, pois o galego e o portugués son irmáns, proveñen os dous do latín. Ademais teriamos facilidade para ir, por exemplo, traballar ao Brasil, pois coñeceriamos o idioma. Aprendemos que grazas ao galego podémonos comunicar con moita xente porque o idioma de Portugal está entre as linguas máis faladas do mundo con máis de douscentos millóns de falantes. Algo que, ata o de agora, non nos pararamos a pensar. Rematamos o obradoiro apuntando unhas páxinas web para poder entrar ou investigar un pouquiño máis. Foi moi divertido.

Alumnado de 1º de ESO

Desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL), desenvolveuse un obradoiro co obxectivo de lle mostrar ao noso alumnado a vantaxe competitiva que representa o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués(Brasil, Portugal, Angola...)e, por tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral. Trátase de promover o achegamento ao mundo lusófono, no convencemento de que é un reforzo para o estatuto da lingua galega e unha porta máis a mellorar a formación dos nosos mozos e mozas.
Noemí Nogueiras, coordinadora de OPs!, estuvo no noso Centro os días 18 de abril e 30 de maio nunha actividade que, estamos seguros, resultou moi proveitosa para o noso alumnado.
Grazas Noemí!

Este obradoiro de cen minutos de duración pretende achegarlles ós rapaces as vantaxes que ten o coñecemento do galego para comprendermos facilmente a lingua portuguesa.
Cunha actividade sobre a canción de Adriana Calcanhoto rematou o obradoiro.Pero a canción que houbo que escoitar e cantar, a petición do alumnado, foi a popular "Ai se eu te pego".

1 2 3 4 5 6 7 8 >>