O Movimento polos Direitos Civis soma-se à petiçom da A.C.Foucelhas de suprimir a homenagem a "El Soldado Lois" e a simbologia franquista da vila

O Movimento polos Direitos Civis soma-se à petiçom da A.C.Foucelhas de suprimir a homenagem a "El Soldado Lois" e a simbologia franquista da vila

05-10-2009

Copiamos integramente o comunicado do MpDC publicado hoje:


O MpDC solicita que se elimine a simboloxía franquista de Ordes

O MpDC súmase ao pedimento da Associaçom Cultural Foucelhas para que o Concello de Ordes deixe de colaborar na homenaxe a ?El Soldado Lois? que cada ano se celebra no cemiterio municipal do Laranxal. Ademais, solicitan que se retire a simboloxía franquista que resta no termo municipal e se publique tamén o censo de persoas represaliadas.

Se sambas as dúas entidades demandan tal cousa é porque a homenaxe ?amosa a umha total falta de respeito? tanto a familiares e amigos das vítimas da represión fascista en Ordes como a toda a sociedade ordense e galega que acredita na democracia, afirman desde Foucelhas. Ademais, entenden que ?non é xusto para o propio Manuel Lois García que a sua morte honrada sexa empregada como un instrumento político ocupando un comprometido posto de humillación contra os seus veciños asasinados.

Aos ollos tanto da Associaçom Cultural Foucelhas como do Movemento polos Dereitos Civís é necesario que se eliminen os restos de simboloxía franquista que aínda fican no concello, comezando polo monolito a ?El Soldado Lois? e o nome da Alameda. Ambos os dous colectivos solicitan tamen que se publique o censo de persoas represaliadas durante o golpe militar fascista de 1936 e posteriormente a consecuncia do mesmo, coa finalidade de reparalas moralmente e darlles a homenaxe que merecen como mortos por defender a democracia.

Ademais, tanto Foucelhas coma MpDC sexan exumados os cadáveres enterrados polos falanxistas em todo o concello e, especialmente, no cemiterio municipal onde se fai a dita homenaxe a ?El Soldado Lois?.

Pola súa banda a asociación ordense critica ao consistorio que ?non se apartou tampouco demasiado na práctica do espírito franquista e dos seus valores militares, xa que colabora anualmente co exército en exibicións ás que son levados nenos e nenas do concello inculcando uns valores belicistas de ?dubidosa moralidade?.

Ligaçom original: http://mpdc.blogspot.com/2009/10/o-mpdc-solicita-que-se-elimine.html

Escrito ?s 20:59:05 nas castegorias: Nom categorizado
por ordes   , 347 palavras, 316 visualizaçons     Chuza!

Endereço de trackback para este post

Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)

Sem comentários ainda

    Março 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    A Associaçom Cultural Foucelhas pretender coordenar a constituiçom de um centro social para a comarca de Ordes, que sirva de "base de operaçons" para todo tipo de actividades de defesa do nosso. Organiza-se de forma assembleária e está aberta a todo o mundo. Podes contactar através do correio foucelhas.ordes@gmail.com

    Busca

blogtool