"O Comando de Liberacion de Bens Culturais de Uso Comun declara Cerceda Zona Libre da SGAE. Porque non queremos que nas terras da Cochikeira, nin no Estado español ou resto do planeta, ninguen se lucre indebidamente coa xestion da musica, literatura ou software que, en realidade, pertence ao pobo.
non a uns cantos cobradores do maletin.
Onde se viu que a perruqueira teña que pagar por poñer a radio? Onde se viu que A Taberna deixe boa parte das suas ganancias nun organismo privado que non sirve mais que facerse eles mais poderosos? so por picar uns cantos CD's?
Fora todo tipo de ladrons da nosa terra! Cultura libre e sen censura!
avogamos pola distribucion de todos os produtos culturais baixo licenzas copyleft, para que todos os cercedoides e resto de terrícolas poidan ter acceso universal a eles.
Porque en Cerceda, mais alo de malos fumes, de malos cheiros, de Sogama, da central termica, do Aquapark, das pistas de padel, do xardin botanico, hai moito que escoitar!
o komando kabuxa apoia incondicionalmente a lucerna. Actuaremos en consecuencia!!!! Preparadevos para as nosas accións clandestinas!!!
Escrito ?s 01:24:12 nas castegorias: ACTIVIDADES
|
|
Trackback URL (clique direito e copie atalho/localizaçom do link)