O FACHO: o manexo da auga no territorio de Galicia, por HENRIQUE SEOANE PRADO e ANGELES SANTOS VÁZQUEZ

25-03-2025

O FACHO: o manexo da auga no territorio de Galicia, por HENRIQUE SEOANE PRADO e ANGELES SANTOS VÁZQUEZ

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.

O vindeiro día 25 de marzo, os doutores arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez impartirán unha palestra co título:

O MANEXO DA AUGA NO TERRITORIO DE GALICIA

Data: 25 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Henrique Seoane é membro do Grupo de Investigación ?CIDADE E TERRITORIO? da Universidade de A Coruña, ten publicacións de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas. Na actualidade é membro do grupo responsable do? ProxectoTERRA? do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ángeles Santos é membro do Grupo de Investigación ?SISTEMAS CONSTRUCTIVOS E REHABILITACIÓN SICOR? da Universidade de A Coruña. Participou en varios contratos, convenios e proxectos de investigación.

Ambos teñen unha ampla traxectoria de publicación de artigos, proxectos e obra realizada en libros e revistas profesionais e académicas.

"A auga, fonte de vida, é o elemento máis importarte para comprender os paisaxes culturais. A súa necesaria movilización mediante o empleo da gravedade conforma territorios mediante un sabio manexo. O ser humano foi capaz de xerar paisaxes habitables e revertir as orixinais condicións negativas naturais en positivas, planteando técnicas de xestión e de funcionamento moi próximas ó ciclo da auga e á natureza.

Estudar estas técnicas descubren as aldeas como "espazos hidráulicos" que manexan a auga do seu territorio. Ponse de relevo un sistema complexo, absolutamente medido e construido segundo a estricta disciplica da auga, xestionada en man comun. Técnicas que revelan un coñecemento riquísimo das condicións locais e dan información para o desenrolo de novas técnicas que incorporen estes sabios principios."

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/henrique-e-angeles/Henrique%20e%20Angeles.mp3

image.png

O FACHO: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX, por CELIA M. ARMAS

16-03-2025

O FACHO: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX, por CELIA M. ARMAS

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.

O vindeiro día 18 de marzo, a profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título:

Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX

Data: 18 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Celia M. Armas García é profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario, secretaria xeral da Mesa Pola Normalización Lingüística e secretaria comarcal de CIG-Ensino. Coautora de varios volumes de investigación sociolingüística (Sobre o racismo lingüístico) e literaria (Escrita e mulleres, No tempo de Follas Novas?) e autora de As mulleres escritoras, 1860-1870. O xenio de Rosalía.

Acompañaremos nesta palestra a Celia Armas por un percorrido pola prensa galega de mediados do Século XIX para podermos asistir á chegada das primeiras mulleres escritoras galegas á luz pública, entre as que destaca Rosalía de Castro.

CLIQUE DE SEGUIDO PARA ESCOITAR A PALESTRA: https://archive.org/download/celia-armas_202504/Celia%20Armas.mp3

O FACHO: Concha Arenal: a muller afouta, pòr Marilar Alexandre

03-03-2025

O FACHO: Concha Arenal: a muller afouta, pòr Marilar Alexandre

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025.

O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título:

Concha Arenal: a muller afouta

Data: 25 de febreiro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Concha (ela asinaba deste modo) Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do XIX, cronoloxicamente Juana de Vega, Arenal, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, moi afoutas. Levou a contraria a todos, incluídos gobernos, non temeu expresar as súas opinións. Debémoslle, como penalista, a idea do papel das prisións como ?rexeneración?, de tratar a presas e presos como persoas. Intenta poñelo en práctica na Galera da Coruña (noveleino en As malas mulleres). Feminista, defende os dereitos das mulleres, sobre todo a estudar, a acceder ao coñecemento. Ideas en contradición coa súa posición relixiosa, considerando as mulleres "moralmente mellores" que os homes e descartando profesións que dificulten o seu papel de gardiá do fogar.

Marilar Aleixandre é escritora de poemas, contos e novelas, tradutora e bióloga. Académica de número da Real Academia Galega. Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en 2020 gañou o premio Blanco Amor por "As malas mulleres" e en 2022 o Premio Nacional de Narrativa.

image.png

O FACHO: Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio, por María Fandiño Iglesias

10-12-2024

O FACHO: Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio, por María Fandiño Iglesias

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 10 de decembro a arquitecta e paisaxista María Fandiño Iglesias impartirá unha palestra co título:

?Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio?

Data: 10 de decembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

María Fandiño Iglesias (Vigo, 1989) é arquitecta e paisaxista. A súa preocupación radica no nexo entre arquitectura e paisaxe, concretamente no deseño de espazos que conxugan as dinámicas do territorio, tema sobre o que versará a sua palestra.

Combina a investigación e a docencia coa práctica profesional, centrada no deseño do espazo publico, a planificación territorial e a paisaxe. Algúns dous seus proxectos recibiron importantes recoñecementos, como ou Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE 2022 na categoría de Sostibilidade e Saúde, ou premio COAG 2023 na categoría de espazo publico pola Explanada do Horizonte, ou Premio Internacional Simonetta Bastelli polo Campo Novo e, recentemente, ou premio internacional outorgado pola International Federation of Landscape Architecture en Europa pola Praza do Campo.

A súa investigación centrase na relación entre arquitectura, territorio e paisaxe, explorando a súa integración nos procesos de proxecto. Ten participado en diversos congresos con artigos e intervencións sobre paisaxe cultural, deseño e territorio, coma o Congreso Internacional Iberoamericano de Paisaxe (CIBAM), UNISCAPE, ou congreso bianual de Cultura e Cidade, na AEP, ou no ECTP-CEU. Ten publicados artigos de opinión e difusión en plataformas como Paisajeo.org, Urban Next, Planur-E ou no Blog de Arquia.

No ámbito académico, traballou como investigadora externa na Universidade de Vigo no proxecto europeo Atlantic Culture Scape (2021) e co Instituto de Estudos do Territorio (IET) no marco do proxecto europeo Green Infrastructure for Forest and Trees do programa Interreg Europe (2021). Ademais, desenvolve unha destacada actividade docente, participando como docente no Public International Workshop MLA (UPC), Conversacións com Paisaxe 2018 (UDC), como Teaching Assistant no programa Barcelona Urban Design Program UVA-FALL nas edicions de 2018 a 2022 (Universidade de Virginia), e como profesora convidada no Workshop Internacional de Paisaxe 2023 dá Universidade Internacional de Trujillo (CEAU).

Full story »

O FACHO: A Coruña na boca do Pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular) por Mª ROSARIO SOTO ARIAS

19-11-2024

O FACHO: A Coruña na boca do Pobo (na  fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular) por Mª ROSARIO SOTO ARIAS

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 19 de novembro a catedrática Mª Rosario Soto Arias impartirá unha palestra co título:

?A Coruña na boca do pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular)?

Data: 19 de novembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Mª Rosario Soto Arias, catedrática xubilada de Lingua e Literatura Galegas no coruñés Instituto ?Eusebio da Guarda?, é coruñesa. Ten publicado diversos artigos de fraseoloxía galega nos Cadernos de Fraseoloxía Galega. É autora dos libros Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (2003) e Dime quen leva o meu nome (2022), e coautora de tres dicionarios fraseolóxicos. No campo do folclore conta con varios artigos, entre os que podemos destacar Da raíña Lupa e da tradición Xacobea (2003). Do seu interese pola cidade da Coruña dan fe dúas colaboracións na revista Cornide, a saber: Garás: aproximación ao topónimo coruñés (2023) e Un manuscrito inédito do s. XIX do instituto da Coruña (2024).

Contido da palestra: Primeiro xustificaremos brevemente o porqué da escolla deste tema. Logo analizaremos a presenza do nome da nosa cidade e dalgúns dos seus barrios nas unidades fraseolóxicas galegas, así como no refraneiro e no cancioneiro tradicional galegos. Veremos as formas toponímicas dominantes e repasaremos a súa documentación primeira nos textos antigos. Estudaremos o significado de certos casos escuros e estudaremos tamén o punto de vista ideolóxico, o significado que pode ter A Coruña para a xente do común que deixou constancia da súa experiencia vital, do seu paso por ela.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/charo-soto/CharoSoto.mp3

Full story »

O FACHO: JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR, por Enrique Sáez Ponte

12-11-2024

O FACHO: JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR, por Enrique Sáez Ponte

Desde a Agrupación Cultural O Facho lembramos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 12 de novembro, o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: ?JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR?

Data: 12 de novembro, martes

Hora: ás 8 do serán

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/enrique-saez/EnriqueSaez.mp3

O FACHO: GALICIA : TERRITORIO CAPTURADO, por Xosé Allegue

12-11-2024

O FACHO: GALICIA  : TERRITORIO CAPTURADO, por Xosé Allegue

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 29 de outubro o profesor e arquitecto Xosé Allegue impartirá unha palestra co título: ?GALICIA: TERRITORIO CAPTURADO?

Data: 29 de outubro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

GALICIA : TERRITORIO CAPTURADO

O concepto de ?Captura das políticas? define a capacidade de influencia dos lobbys económicos sobre o poder lexislativo dun país para conseguir que se lexisle á medida dos seus intereses e contra o ben común, mentres que as ?elítes extractivas? serían aquelas beneficiadas polos gobernos capturados, quens redactan unha aparataxe lexislativa ao servicio distas elítes impedindo así o crecemento económico sostible equilibrado e xusto e a distribución equitativa da riqueza e conducindo ás nación ao seu fracaso.

A ?captura das políticas? e do aparato lexislativo polas elítes extractivas caracteriza dende sempre a gobernaza do territorio en Galicia. Por tanto a súa absoluta desregulación non é unha casualidade. Así, as multinacionais papeleiras, mineiras enerxéticas e de tráfico de lixo contaminante, capturan o aparato lexislativo para poñelo ao seu servicio. Diste modo prodúcese una ?captura? das políticas territoriais que produce de forma legal a forma mais dañina da corrupción institucional e estrutural , o que está levando a Galicia ao seu fracaso como nación.

Xosé Allegue
Doutor Arquitecto polas escolas de arquitectura de Lille ( Francia) e A Coruña. Desde 1993 é Xefe da Oficina de Proxectos e Infraestruturas do Consorcio de Santiago.
Foi durante 10 anos Profesor de proxectos na Escola de Arquitectura de University College Dublin ( 2009-2019) e 10 anos Membro da Comisión Asesora da Cidade Histórica de Santiago de Compostela (2010-2020). Autor de numerosos relatorios en congresos nacionais e internacionais e numerosos artigos en revistas especializadas sobre territorio, Patrimonio , e dereito a Vivenda. Na súa dilatada traxectoria recibu numerosos premios, nacionais e internacionais.

PARA VISUALIZAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://www.youtube.com/watch?v=07VofJHTrnw&ab_channel=Commendatore

image.png

O FACHO: proxección audiovisual ?ALTRI: A SEDE INSOSTIBLE?, de Xarda e O Salto Galiza

15-10-2024

O FACHO: proxección audiovisual  ?ALTRI: A SEDE INSOSTIBLE?, de Xarda e O Salto Galiza

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 15 de outubro se proxectará un audiovisual co título: ?ALTRI: A SEDE INSOSTIBLE?

Data:15 de outubro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

PARA ESCOITAR A PRESENTACIÓN, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/presentacion_202411/Presentaci%C3%B3n.mp3

O audiovisual, de Xarda e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou co apoio e a colaboración de varias asociacións e plataformas en defensa do territorio.

A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que ía ser un proxecto ?sostible? e ?respectuoso co medio? rematou sendo o enésimo intento de lucro do capitalismo salvaxe cos recursos da nosa terra. Na súa defensa, a veciñanza da Ulloa organizada, protexendo os seus ríos, o seu aire e os seus empregos deste intento de espolio.

O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora do proxecto; desde o punto de recollida de ata 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde será devolta parte da auga, tratada e máis quente. Polo camiño, 20 quilómetros de tubaxes, centos de fincas expropiadas, e unha megafactoría en Palas de Rei, pegada ao Camiño de Santiago, que emitirá oxido de xofre e óxido de nitróxeno á atmosfera.

Voces expertas e veciñas destes lugares expoñen de que xeito lles pode afectar no seu día a día e nos seus empregos, nunha zona vizosa de proxectos sostibles que agora son amenazados.

PARA ESCOITAR O DEBATE, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/debate_20241124_1105/Debate.mp3

Agrupación Cultural O`Facho

O FACHO: O CASTRO DE MONTES CLAROS (VILAÑO-A LARACHA), UN POBOADO ÁRTABRO BEN COMUNICADO, por Purificación Soto Arias

08-10-2024

O FACHO: O CASTRO DE MONTES CLAROS (VILAÑO-A LARACHA), UN POBOADO ÁRTABRO BEN COMUNICADO, por Purificación Soto Arias

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024.

O vindeiro dia 8 de outubro a arqueóloga Purificación Soto Arias impartirá unha palestra co título:

?O CASTRO DE MONTES CLAROS (VILAÑO-A LARACHA), UN POBOADO ÁRTABRO BEN COMUNICADO?

Data:8 de outubro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Purificación Soto Arias é arqueóloga profesional. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC no ano 1987 coa especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía.

Realizou unha tesiña de licenciatura titulada: Tecnoloxía e análise da cerámica castrexa baixo a dirección da Dra Profesora Josefa Rey Castiñeiras, obra pioneira nas análises físico-químicas das producións cerámicas para a identificación das áreas alfareiras na Idade do Ferro no Noroeste peninsular.

Dende o ano 2017 ven desenvolvendo a súa principal actuación profesional no concello de A Laracha onde puxo en marcha o proxecto denominado: Recuperación e Intervención Arqueolóxica no Castro de Montes Claros (Santiago de Vilaño, A Laracha), de promoción municipal e que cubre distintos aspectos de investigación, conservación, posta en valor e divulgación social.

O Arco Ártabro-Bergantiñán constitúe o escenario natural da xeografía política dos pobos Ártabros que habitaron os castros durante case un milenio. A partir dos resultados de dúas campañas de escavacións arqueolóxicas no Castro de Montes Claros, trataremos de abordar a evolución destes grandes poboados fortificados da Idade do Ferro ata a romanización.

PARA ESCOITAR, CLIQUE DE SEGUIDO: https://archive.org/download/puri-soto/PuriSoto.mp3

image.png

O FACHO: MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO, por Manuel Cráneo

08-10-2024

O FACHO: MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO, por Manuel Cráneo

Desde a Agrupación Cultural O`Facho comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2024.

O vindeiro dia 17 de setembro o autor, editor e produtor cultural Manel Cráneo impartirá unha palestra co título:

?MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO?

Data:17 de setembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

O autor falará dalgúns dos fitos esenciais que marcaron a historia da banda deseñada desde as súas orixes na década de 1970, facendo un percorrido ata a situación actual do cómic en lingua galega onde a cidade da Coruña xoga un papel estratéxico por múltiples causas. Todo isto desde a súas distintas perspectivas grazas a súa visión especializada neste eido cultural.

Manel Cráneo (A Coruña, 1973) é autor, editor e produtor cultural especializado en banda deseñada (BD). Comezou facendo fanzines na década de 1990, ten colaborado con revistas e xornais, entre outras, realizou novelas gráficas como Os Lobos de Moeche, Destino Hërguss ou Cinza. Creou tamén a marca de entretemento Planeta Mincha aplicada a medios como a BD, libros ilustrados, animación, pasatempos, performance, música, artesanía, etc.

A súa implicación co sector profesional levouno a refundar en 2003 a AGPI (Asociación Galega de Profesonais da Ilustración) da que foi o primeiro presidente. Foi tamén vicepresidente de FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais) durante a presidencia de Horacio Altuna. En 2009 fundou a editora Demo, especializada en BD galega. En 2015 creou a plataforma Coruña Gráfica para potenciar o panorama autoral coruñés. En 2024 foi nomeado director do festival internacional de BD Viñetas desde o Atlántico. Como divulgador colabora no Diario Cultural da radio Galega cunha sección semanal sobre banda deseñada.

Atentamente,

Agrupación Cultural O'Facho

Full story »

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 64 >>

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o.facho.a.cultural@gmail.com

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution