« Fundaçom Artábria presente no Dia da Pátria | Jornada de Limpeza » |
Desde o próximo 2 de Agosto e até o 2 de Setembro ofertamos um curso de guitarra no nosso Centro Social.
O curso será ministrado por Alba Lòpez Sanchez e terá um custo de 25 euros para pessoas associadas e de 28 euros para nom sóci@s.
A continuaçom publicamos (na normativa recibida) a informaçom do curso.
OBRADOIROS VERÁN 2010
ALBA LÓPEZ SÁNCHEZ
OBRADOIRO DE GUITARRA
1. Presentación
2. Profesorado.
3. Obxectivos.
4. Perfil do alumnado.
5. Material
6. Datas
7. Custe económico.
8. Datos importantes no formulario de inscripción.
9. Información de contacto.
1. Presentación
O obradoiro de guitarra que se oferta é unha actividade formativa dirixida a fomentar un lecer creativo nunha xuventude acostumada a actividades individuais e pasivas diante da televisión ou ordenador.
O principal obxectivo é a creación dunha ansia por aprender e investigar a nivel individual posteriormente á achega dos recursos que posibilidad o coñecemento autodidacta da música a través dun instrumento.
2.Profesorado.
Alba López Sánchez (Ferrol, 1981) é a profesora encargada de impartir o obradoiro. E profesora superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña e Master en Guitarra Clásica polo Conservatorio de Amsterdam Na actualidade prosigue os seus estudos na Hochschule für Musik Frank Liszt en Weimar, Alemaña, con Thomas Müller-Pering.
Ademais perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Carlo Marchione, Jukka Savijoki, Darko Petrinjak, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.
Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania. Actúa tamén en Amsterdam (Conservatorium van Amsterdam, Instituto Italiano de Cultura) e Den Haag (Gallery Chief and Spirits)
Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.
En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.
No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.
Como profesora destaca a súa experiencia á cabeza do seminario de guitarra do Centro de Música Fingoi en Lugo durante tres anos e a impartición do obradoiro de guitarra da Universidade de A Coruña e na Fundaçóm Artabria durante tres anos.
3.Obxectivos e contidos.
Os principais obxectivos pretenden conseguir a autonomía do alumnado en canto á iniciación á guitarra dende un punto de vista autodidacta. Trátase de dar as ferramentas que posibiliten, que con paciencia e ganas o alumno ou alumna poda chegar a tocar aquela canción ou peza que desexe, sen mais apoio que as ferramentas que neste obradoiro se ofertan.
Os contidos son os seguintes:
1. A guitarra como instrumento. Pequeño glosario inicial.
2. A música e a súa representación. Pequeno glosario e ferramentas básicas para entender as diferentes representacións. Bibliografía, videoteca e fonoteca recomendada.
3. A música para guitarra e a súa representación. Ferramentas da traducción dunha partitura musical a un tabulado guitarrístico.
4. Técnica básica: acordes maiores, menores e sétimas. Escalas maiores, menores e pentatónicas. Ligados e cellas.
5. Traballo dunha das cancións propostas por cada un dos alumnos no seu boletín de inscripción. (Neste caso o contido adáptase ao perfil do alumnado, considerándose por iso a posibilidade dunha pequeña clase individual sobre esa peza ou canción de entre 30 e 45 minutos por alumno, dependendo do tipo de obradoiro que o concello vaia finalmente a ofertar)
6. Recursos e materiais: internet como recurso para a formación autodidacta.
4. Perfil do alumnado
Ao tratarse dun obradoiro que pretende a adquisición de ferramentas que posibiliten certa autonomía no desenrolo da formación musical autodidacta, o alumnado deberá ter unha idade mínima de 10 anos para poder aproveitar todas as ferramentas que aquí se pretenden achegar. Non existe límite de idade.
O número máximo de alumnos/as é de 12 por grupo.
5. Material
O alumnado terá que vir co seu instrumento, a non ser que a organización poda aportar unha ou varias guitarras para aqueles alumnos que inda non a tivesen.
Precísase un aula amplia con cadeiras sen brazos e un taboleiro para poder escribir certa información.
Sería moi proveitoso ademais poder ter acceso a internet, tipo wireless ou normal para exponer con millor claridade os contidos referidos ás ferramentas existentes vía internet.
Os materiais impresos serán aportados polo profesorado.
6.Datas e organización do obradoiro.
Verán 2010
Do 2 de Agosto ao 2 de Setembro. (4 semanas)
Obradoiro de luns a xoves. Horario de mañá ou de tarde. 2 horas diarias.
Dous turnos: luns e mercores, ou martes e xoves.
Posibilidade de adaptación a un grupo de nenos dende os 8 a 11 anos. Inclúe concerto final do alumnado así como da profesora.
7.Custe económico
O prezo é de 25 euros para pessoas sócias e 28 euros para nom associad@s.
8.Datos importantes no formulario de inscripción.
-Dirección de correio electrónico (enviarase algún material previo ao comezo a través deste medio)
-Idade
-Coñecementos musicais previos (coa guitarra ou sen ela)
-Estilos e bandas musicais preferidas
-Peza ou canción que desexaría aprender no transcurso do obradoiro.
-Ten acceso a internet na súa casa?
9.Contacto.
Alba López Sánchez
Rúa Linares Rivas, 1, 3ºesq.
15570-Narón- A Coruña
Telef: +34.654.165563/ +49.15777740043
E.mail: lopezsanchezalba@gmail.com Web: www.nsaio.org/albalopezsanchez
Obradoiro MUSICAL PARA CRIANZAS
Verán 2010
Dirixido a:
Nenos e nenas entre 6 e 9 anos. (Podería ampliarse a marxe de idades)
Datas: do 2 de Agosto ao 2 de Setembro
De Luns a Xoves en horario de mañá (2 horas)
Actividades:
1. Obradoiro de construcción de instrumentos musicais con materiais reciclados.
2. Cancións tradicionais galegas.
3. Actividades de expression corporal (ritmo e movemento)
Custo
O prezo é de 25 ou 28 euros.
Aportarase a factura pertinente no caso de que se requerise. No caso de precisar pódese solicitar unha factura proforma unha vez formalizado o curso desexado pola organización.
Contacto.
Alba López Sánchez
Rúa Linares Rivas, 1, 3ºesq.
15570-Narón- A Coruña
Telef: +34.654.165563/ +49.15777740043
E.mail: lopezsanchezalba@gmail.com Web: www.nsaio.org/albalopezsanchez