| « Atividades de abril na Fundaçom Artábria | Acordo de colaboraçom entre Concelharia de Festas e Fundaçom Artábria, para umhas festas de Ferrol 100% em galego » |
A Fundaçom Artábria vem de assinar um manifesto junto a outras quatro entidades solidárias com justa luita do povo palestiniano. perante a presença da nossa cidade do grupo israelí Mayumana, que atuará do 20 ao 22 de abril no Auditório Municipal de Ferrol. E chamamos à nossa base social a participar na concentraçom que decorrerá o dia 20 às 20.30hs à porta do prédio municipal, sediado em Carança.
Mayumana com o seu silêncio é cúmplice do genocídio sionista contra o povo da Palestina.
Difundimos a seguir o manifesto promovido pla BDS-Galiza
A CAMPAÑA BDS E O BOICOT CULTURAL
En xullo de 2005, unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global apelando ás ?persoas con consciencia en todo o mundo a practicaren o boicot aos produtos de Israel e a póren en marcha iniciativas de Desinvestimentos e Sancións ao Estado Sionista? como medida de presión para acabar coa cada vez mais sanguenta limpeza étnica en Palestina. A campaña persegue a fin da ocupación e a colonización, o desmantelamento do ilegal muro que divide Palestina, a fin do apartheid e o respecto do dereito ao retorno.
Unha iniciativa civil inspirada na tradición do combate non violento contra a inxustiza que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina e en que tod@s podemos colaborar.
Para Israel, a cultura é un instrumento de propaganda que procura esconder a brutalidade da ocupación, dos asentamentos de colonatos ilegais, do apartheid e a limpeza étnica. O Ministerio de Asuntos Estranxeiros financia xenerosamente as empresas artísticas que "promoven os intereses da política" do Estado de Israel, ao tempo que persegue con furia calquera expresión disidente.
Por iso, artistas e eventos promocionados por institucións israelís contribúen ?voluntaria ou involuntariamente coa súa arte? a lavar a imaxe de Israel e a lexitimar a violencia contra o pobo palestino. Mais por iso tamén son milleiros @s artistas do mundo que se negan a cooperar con tamaño engano, que dan o seu apoio ao boicot e se comprometen a non actuar en Israel: Roger Waters, Coldplay, Faithless, Lauren Hill?
MAYUMANA
Mayumana é unha compañía israelí que ten a súa sede en Jaffa, poboación palestina que sufriu o exilio forzado e violento de 70.000 habitantes en 1948, a quen non se recoñece o dereito ao retorno. Despois da limpeza étnica das súas rúas e da destrución do seu patrimonio cultural palestino, Jaffa (distrito municipal de Tel Aviv) é a sede de artistas israelís que non cuestionan os seus privilexios sobre a poboación palestina, normalizando a ocupación e contribuíndo a borrar as pegadas palestinas do territorio.
Forma parte da folla de parra atrás da que Israel oculta os seus crimes. A pesar de definirse como grupo independente, a revista En la red, do Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel, define o grupo como ?O ritmo de Israel: compañía que reflicte as raíces, o dinamismo e a modernidade da realidade israelí, ao tempo que a Embaixada de Israel no Estado Español dá publicidade e ofrece descontos nas súas actuacións. Con todo, o ritmo dos tambores de MAYUMANA contribúe a facer esquecer o estrondo dos disparos e as bombas en Gaza.
Mayumana declara que se centra nos seus espectáculos, mentres mantén un silencio que non pode ser considerado inocente sobre a política xenocida do Estado de Israel. Ante a continua violación de dereitos humanos, ?ser neutral significa escoller o lado do opresor? (Desmond Tutu). Nós, non queremos ser cómplices do sionismo e a ocupación.
Por todo isto, pedimos ao Concello de Ferrol que cancele o concerto previsto para os días 20, 21 e 22 de abril e a toda a cidadanía que se una a este potente movemento solidario que nos permite a todas colaborar coa resistencia xusta do pobo palestino.
A limpeza étnica, a ocupación e o terror de Israel non son benvidos en Ferrol!
CONCENTRACIÓN o 20 de abril no Auditorio de Ferrol ás 20.30 h.
BDS-Galiza
Mar de Lumes
Marcha Mundial das Mulheres de Ferrolterra
Galiza por Palestina
Fundaçom Artábria