|
|
Palestra "O sistema educativo em Cuba"Palestra "O sistema educativo em Cuba"
![]() Atopámonos nunha situación de emerxencia social, onde a clase traballadora é a principal víctima da crise capitalista, sendo o sector educativo un dos máis feridos. Todas coñecemos mozos e mozas que non poden estudar ou teñen que deixar a carreira por non poder facer fronte as taxas. Ademais, o estado español leva décadas construindo un ensino elitista, españolizador, patriarcal e contrario os parámetros científicos que a mocidade organizada na Liga defendemos, un ensino que non representa os intereses nin do pobo galego nin das traballadoras. Por iso, desde a Liga Estudantil Galega, tomamos como exemplo o sistema educativo socialista construido polo governo revolucionario cubano baixo parámetros populares, científicos e sociais, onde non se lle nega a ninguén o seu dereito a estudar pola súa condición sexual, racial ou económica. En definitiva, un ensino do pobo e para o pobo, cunha experiencia exitosa a nivel social e cultural, sendo exemplar para o mundo enteiro. Animamos-vos polo tanto a participar nesta conferencia, a compartir opinións, debatir e aprender dun pobo que leva 55 anos construindo poder popular
Ainda sem comentários |