Ponte Vedra 100% em galego

Quem Somos? Actividades Crónicas

BUSCADOR

Feeds XML

Categorias: Actividades, Cinema, Concertos, Concursos, Cursos, Exposições, Festas, Jornadas, Palestras

Celebraçom do Newroz, festa nacional no Curdistam

A Revira rematará o mês de Março com umha actividade novidosa no nosso centro social, a celebraçom do Newroz, festividade da naçom do Curdistám. Assim, desde umha óptica internacionalista, de esquerdas e patriótica, a nossa associaçom busca socializar entre as galegas e galegos o conflito deste povo milenário mediante actividades formativas que terám lugar o vindouro sábado 29.

18.30 Curdistám: Dous povos vários conflitos. Seminário impartido por Oscar Valadares de Mar de Lumes

20:30 Projeçons da curta "Um povo invisivel" e o documentário "Curdos em Turquia"

Para rematar a jornada, após as actividades haverá festa com música curda e petiscos a preços populares.

Escrito em 17-03-2014, na categoria: Actividades, Jornadas
Chuza!
Palestra "As luitas obreiras do 72"

O vindouro 14 de março às 21:00 celebraremos no nosso centro social umha mesa redonda e jornada de debate sobre as luitas obreiras e revolucionárias de 1972 assim coma o devir do movimento obreiro e sindical viguês e galego. Intervirám dirigentes obreiros históricos e estudosos deste movimento

[Tirado do web do PCPG]
Fai agora 40 anos a clase obreira e povo trabalhador galego batíase heroicamente contra os vampiros do grande capital e os seus lacaios servidores que á fronte dos aparelhos do Estado fascista espanhol reprimían de xeito terrorista calquera sorte de contestación.

Desde as fábricas ou estaleiros de Ferrol e Vigo organizábanse e tecíanse firmes redeas de acción clandestina por homes e mulheres da vangarda da clase dos asobalhados, producindo levantamentos populares sen precedentes que ficaron para sempre na memoria do povo e na historia insubmisa da nosa Nación.

Ferrol en Marzo e Vigo en setembro mostraron mais umha vez o enorme potencial, a forza imensa da clase obreira cando ela se organiza, se une e decide combater pola súa liberdade e emancipación.

En días de setembro (como os de hoxe) pero en 1972 a clase obreira viguesa e todo o povo desta cidade e bisbarra combatían sen medo contra un aparelho tiránico, brutalmente represivo.

Foi umha folga (ou greve) de carácter xeral, que durou 15 días, co resultado de cárcere, tortura, persecución e despedimentos para miles de persoas do noso povo trabalhador. Mais tamén con importantes froitos de conquistas sociais e laborais que se arrincaron ao inimigo explotador e, por riba de todo, de erguemento do orgulho obreiro, nacional e de clase do Povo Galego.

40 anos despois, 1972 ten que ser materia de conhecimento polas experiencias vividas e porque sen ese alicerce poucas cousas se entenderían no devir do acontecer político e social do noso país até os nosos días. Mais alén da nostalxia, xustificada, e do tributo que lhe debemos á dignidade desa xeración e ás súas individualidades, estamos na obriga de aprender e coidar este legado e mesmo afirmarnos nas nosas raiceiras.

1972 é orgulho da clase obreira galega e semente de vencer!

Escrito em 02-03-2014, na categoria: Actividades, Palestras
Chuza!
Palestra "O sistema educativo em Cuba"


A quinta-feira 6 de marzo ás 20h a Liga Estudantil Galega organiza na Facultade de Belas Artes (Aula 13) unha palestra baixo o título: O sistema educativo cubano. Na mesma falará o cónsul xeral da República de Cuba na Galiza `Jose Antonio Solana Fernández´.

Atopámonos nunha situación de emerxencia social, onde a clase traballadora é a principal víctima da crise capitalista, sendo o sector educativo un dos máis feridos. Todas coñecemos mozos e mozas que non poden estudar ou teñen que deixar a carreira por non poder facer fronte as taxas. Ademais, o estado español leva décadas construindo un ensino elitista, españolizador, patriarcal e contrario os parámetros científicos que a mocidade organizada na Liga defendemos, un ensino que non representa os intereses nin do pobo galego nin das traballadoras.

Por iso, desde a Liga Estudantil Galega, tomamos como exemplo o sistema educativo socialista construido polo governo revolucionario cubano baixo parámetros populares, científicos e sociais, onde non se lle nega a ninguén o seu dereito a estudar pola súa condición sexual, racial ou económica. En definitiva, un ensino do pobo e para o pobo, cunha experiencia exitosa a nivel social e cultural, sendo exemplar para o mundo enteiro.

Animamos-vos polo tanto a participar nesta conferencia, a compartir opinións, debatir e aprender dun pobo que leva 55 anos construindo poder popular

Escrito em 24-02-2014, na categoria: Actividades, Palestras
Chuza!
Actividades para o Entruido!

A Revira celebra a 10ª ediçom do entruido baixo umha programaçom variada que decorrerá entre os dias 1 e 4 de Março.

Sábado 1 de Março

18:00 Passa-ruas Bilinguista

20:00 Concurso de filhoas. Haverá prémio para as ganhadoras

22:30 Cozido de entruido. Preço 12€. Apontar-se no nosso centro social ou bem no mail centrosocial@revira.org

Terça-feira 4 de Março

19:00 Palestra: "Vida e apoteose no entruido". Falarám Rafael Quintiá e Xose Anxo Rosales, membros da Sociedade Antropolóxica Galega

22:00 Concurso de disfarces. Haverá prémio para as ganhadoras

Escrito em 24-02-2014, na categoria: Actividades, Festas, Jornadas, Palestras
Chuza!
Palestra "O desmantelamento da sanidade pública"

Para rematar a programaçom de fevereiro, esta sexta-feira 28 debateremos sobre o desmantelamento que está a sofrer a sanidade pública galega por meio dos governos galego e espanhol. Desta volta o nosso convidado será Francisco Vizoso, médico em Medicina Preventiva do CHOP e membro de SOS Sanidade Pública. Será às 21:00 no nosso centro social.

Escrito em 24-02-2014, na categoria: Actividades, Palestras
Chuza!

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 48 >>

O Local Social Revira é um espaço alternativo galego inserido e ao serviço do movimento popular da comarca de Ponte Vedra fundado em Dezembro de 2003

Somos umha entidade independente, autogerida e plural, com visom de País e um projecto de esquerda anticapitalista.

Contacta com nós CS Revira em Facebook CS Revira em Twitter

Onde estamos? Gonzalo Gallas, 4, rés do chao Ponte Vedra, Galiza

Segunda-Feira 20.00 a 22.00
Terça-Feira 20.00 a 22.00
Quarta-Feira 20.00 a 22.00
Quinta-Feira 20.00 a 22.00
Sexta-Feira 20.00 a feche
Sábado 20.00 a feche

Ponte Vedra 100% em galego

LIGAÇOES

COLETIVOS PONTE VEDRA


CENTROS SOCIAIS

INFORMAÇOM

LINGUA

ANTIRREPRESIVO

MEIO AMBIENTE

FEMINISMO

SINDICATOS

DESPORTOS