|
|
Palestra "As luitas obreiras do 72"Palestra "As luitas obreiras do 72"
![]() O vindouro 14 de março às 21:00 celebraremos no nosso centro social umha mesa redonda e jornada de debate sobre as luitas obreiras e revolucionárias de 1972 assim coma o devir do movimento obreiro e sindical viguês e galego. Intervirám dirigentes obreiros históricos e estudosos deste movimento [Tirado do web do PCPG] Desde as fábricas ou estaleiros de Ferrol e Vigo organizábanse e tecíanse firmes redeas de acción clandestina por homes e mulheres da vangarda da clase dos asobalhados, producindo levantamentos populares sen precedentes que ficaron para sempre na memoria do povo e na historia insubmisa da nosa Nación. Ferrol en Marzo e Vigo en setembro mostraron mais umha vez o enorme potencial, a forza imensa da clase obreira cando ela se organiza, se une e decide combater pola súa liberdade e emancipación. En días de setembro (como os de hoxe) pero en 1972 a clase obreira viguesa e todo o povo desta cidade e bisbarra combatían sen medo contra un aparelho tiránico, brutalmente represivo. Foi umha folga (ou greve) de carácter xeral, que durou 15 días, co resultado de cárcere, tortura, persecución e despedimentos para miles de persoas do noso povo trabalhador. Mais tamén con importantes froitos de conquistas sociais e laborais que se arrincaron ao inimigo explotador e, por riba de todo, de erguemento do orgulho obreiro, nacional e de clase do Povo Galego. 40 anos despois, 1972 ten que ser materia de conhecimento polas experiencias vividas e porque sen ese alicerce poucas cousas se entenderían no devir do acontecer político e social do noso país até os nosos días. Mais alén da nostalxia, xustificada, e do tributo que lhe debemos á dignidade desa xeración e ás súas individualidades, estamos na obriga de aprender e coidar este legado e mesmo afirmarnos nas nosas raiceiras. 1972 é orgulho da clase obreira galega e semente de vencer!
Ainda sem comentários |