Busca

        As minhas visitas no mundo

        Locations of visitors to this page

      blog tool

      e-mail de amigo

      e-mail de amigo

      Em realçom ao tristemente célebre non-caso do "emblemático bar", acabei de receber este e-mail de um bom amigo (que prefere permanecer no anonimato embora autorize a sua publicaçom) e nom sei mui bem o que fazer, se seguir ou nom os seus conselhos. Vós o que me dizedes, amigas?

      Caro Suso,

      Pregúntasme o que facer en respecto ao comunicado desta xente, e sinceramente penso que ti tamén deberas (aínda ao teu pesar) "converter o privado en público" e defenderte dos vellos e novos ataques que sofres, pois a cousa está chegando xa moi lonxe.

      Eu lembraríalles de forma obxectiva a orixe, o xerme desta situación, o feito que nos trouxo ate aquí: que unha noite de finais de maio do ano 2015, estando de festa nun pub compostelán, convidaches a bailar a unha moza tocándolle un brazo, rexeitando esta o teu convite e marchándote de alí sen darlle mais importancia. (Aclara ben que estes feitos son obxectivos, e que así os redacta a persoa afectada o 10 de xuño de 2015!)

      Tes que ter claro que este feito para calquera persoa é un encontro totalmente normal entre persoas adultas nun espazo lúdico, mais foi a escusa que algúns/has aproveitaron para arrancar unha campaña de acoso e desprestixio contra ti. Compre que aclares que non é que non te preguntaran pola túa versión, que non é que se cuestionara ou debatera o acontecido, que non é que te requirisen un perdón, pois nada diso ocorreu, mais ao contrario, fica claro que a decisión adoptada por estas persoas foi iniciar unha campaña de difamación. Se repasas os e-mails que me enviaches cando comezou isto, xa o propio 10 de xuño estas persoas decidiron enviar un e-mail aos colectivos e organizacións das que participas titulado "Comunicado em denúncia duma agressom" esixindo un posicionamento público destas contra ti, correo no que xa se te cualificaba de "fodido baboso agresor" e te ameazaban dicindo: "Se nom houver interesse em solucionar esto por parte destes coletivos, seremos as feministas as que nos tomemos a justiça pola mao". En parte tes a sorte de que todo está aínda na rede e todos poden comprobalo!

      Lémbralles que non conseguimos contactar coas responsables e que chegamos a deixarlles unha mensaxe no propio blogue onde aparecía esta publicación, pedíndolles que eliminaran ese contido da internet, advertíndolles de que de non ser retirado terías que acudir a vía xudicial para defenderte.

      Resulta incrible que digan agora que "No verao de 2015 decidimos retirar o foco do agressor" aclara que non é que no verán 2015 non se retirase o foco sobre ti, moi ao contrario, que o acoso multiplicouse sen posibilidade algunha de defensa, debate ou argumentación, lémbralles que naquelas datas vimos as pintadas co teu nome vinculado á violencia de xénero, ao tempo que se movía polas redes un manifesto no que desaparecía o relato do sucedido para pasar a falar da "agresión" e do "agresor", dando por feito que isto era así e non cabía discusión, e que dende este momento, pasaches a ser para ante o gran público un "machista agresor". Fixen un repaso dos emails que temos coas datas, din que no verán quitaron o foco de sobre ti? Pois mira, o 17/06 foi cando "Feministas Compostela" (bastadeagressonsmachistas@gmail.com) remitiron e-mail para AGAL; CA, A Gentalha do Pichel e o NovasGZ, o 20/06 reenviárono a centos de e-mails, entre eles diferentes xornais e negocios da cidade. O 21 de xuño o comunicado apareceu en "As Candongas do Quilombo", no da "Marcha Mundial das Mulleres" o 23 de xullo, no de "Conas Ceives" o 23 de xullo, en "Abordaxe" o 1 de agosto e en "Coordinación Baladre" o 2 de agosto.

      Tes que facerlles ver o dano que están causando, tes que explicarlles que esta situación está a afectarte a todos os niveis, persoal, familiar e laboral, explícalles que calquera persoa que teclee "Suso Sanmartin" no Google atópase coa perfecta descripción dun "fodido maltratador" cun "baboso agresor", cunha persoa que agrediu a unha rapaza unha noite! E isto pode lelo calquera, alumnos, coñecidos, amig@s, familiares!

      Os que te coñecemos sabemos do teu activismo social e da túa posición a respecto do feminismo, mais se cadra deberas lembrarllo, sei que é fodido ter que estar aclarando isto, pero se cadra, e neste estado de cousas, aínda é preciso.

      Pon tamén porqué remataches no xulgado, que o 17 de xuño no que te advertín que "circulaba" este tema na rede, pasámolo enteiro tentando contactar coas persoas que estaban detrás desta publicación, e que pese a ter solicitado a súa retirada, a publicación continuaba no blogue ao día seguinte, o que che obrigou a ir ao xulgado, e se non lembro mal aínda tiveches que voltar unha segunda vez en xullo por cando foran as pintadas e ameazas.

      Pretenden agora facer ver que a túa denuncia é un ataque ao feminismo en xeral, e que teñen que estar todas a unha, é por iso que tes que falar, tes que contar en público que ti non denunciaches ao "feminismo" senón que tan só denunciaches uns contidos publicados en internet, e que foi o xulgado quen pediu á brigada de delitos informáticos que puxera nomes e apelidos a os titulares destes medios que facían pública e difundían o escrito calumnioso. Seguen coas súas mentiras dicindo que denunciaches ao chou ou que denunciaches as 149 asinantes, cando incluso varias das asinantes chamáronte para desculparse cando se decataron da realidade do ocorrido, se cadra cumpriría tamén que falaras con elas para que deran xa un paso, e xa que estamos que destapasen as presións e coaccións exercidas sobre elas para que asinasen o escrito.

      Pero se ate houbo unha conciliación e nin chamaron antes para falar contigo e mandaron ao acto á súa avogada para dicir que non había acordo sen negociar nada!

      Sabes que todo isto dáme moita rabia, sabes que moitas teñen medo a falar, sabes ben como é o inframundo ao que te estás enfrontar, mais non tes nada a perder, e moitos están a falar agora sen saber que foi o que ocorreu, escoitando só unha versión interesada e perversa buscando facerte o máximo mal posible.

      Fai o que queiras meu (que sempre o fas) pero non te agobies demasiado, non paga a pena, e ao final todo pasa. Apertas.

      XXX

      Escrito em 09-11-2016, na categoria: FOX HUNTING
      Chuza!

      Sem comentários ainda