Busca

        As minhas visitas no mundo

        Locations of visitors to this page

      powered by b2evolution free blog software

      Servi-Auto Suso (Lalim)

      Servi-Auto Suso (Lalim)
      [youtube]gWYyHnwJaDw[/youtube]

      Angueira de Suso compraze-se hoje em publicar o spot publicitário, actualmente em emissom no Canal Dez TV (antes Canal Deza), do susodito estabelecimento comercial lalinense Servi-Auto Suso (Rua da Ponte, 84).

      O anúncio foi capturado polo susodito, um servidor, às 16h15 (CET) do passado sábado, 14 de Outubro de 2006, após engolir horas e horas da programaçom infantil de Local Media TV.

      Embaixo da voz em off (em galego!) pode escuitar-se a primeira estrofe de All Because Of You (Tudo Por Sua Causa), música pertencente a How To Dismantle An Atomic Bomb, o último álbum do grupo irlandês U2 (leia-se You Tube):

      I was born a child of grace
      Nothing else about the place
      Everything was ugly but your beautiful face
      And it left me no illusion

      Illusion é precisamente o que a um lhe fai o ver na televisom -numha televisom local ainda que seja- o anúncio dum estabelecimento comercial que leva por nome o nome dum.

      Mas nom ilusom no sentido galego-português do término, sinónimo de aparência, cegueira, engano, falácia ou fantasia, senom ilusión na terceira acepçom que à palavra lhe dá o dicionário da Real Academia de la Lengua Española: "Viva complacencia en una persona, una cosa, una tarea, etc."

      Escrito em 17-10-2006, na categoria: SUSODITOS EST. COMERCIAIS, Automobilismo Suso
      Chuza!

      2 comentários

      Comentário de: Xosé [Visitante]  
      Xosé

      Non vexas o que me puiden rir, Suso!!
      O meu nome non é Suso, é Xosé. Agora vivo en Barcelona, pero até hai ben pouqui-
      ño vivía na Galiza, conretamente en Silleda, de onde son, e traballaba en Lalín,
      concretamente en Dez Tv, facendo a publicidade. Así que xa ves, eu son o “irres-
      ponsábel” que lle fixo este spot a Serviauto Suso e mesmo unha das dúas
      voces que hai é a miña. Se te preguntabas por que leva ese tema musical de
      fondo (o de U2), desgraciadamente non hai ningunha cuestión narrativa ou senti-
      mental detrás, simplemente está ahí por uha cuestión de ritmo e de oportunidade
      no momento en que se comezou a emitir o spot.
      Polo demáis Serviauto Suso está moi ben e o dono, Suso, é unha rapaz moi
      xeitoso e bo tipo, así que se algún día te pasas por Lalín faille unha visita
      e dalle saúdos da miña parte.
      Graciñas por facerme botar unhas risadas e unha aperta desde terras catalanas!!
      Xosé G. Filloy.

      17-12-2006 @ 14:16
      Comentário de: suso [Visitante]  
      suso

      Beiçom a ti, amigo Xosé, polo teu simpático comentário. É por cousas como esta polas que paga a pena manter um blogue. Saudações a essas abençoadas terras catalás, onde tam bons amigos temos (ver barra lateral) e um conselho: permanece atento a este ecrám, Casa Suso (Nou Barris, BCN) proximamente em Angueira de Suso ;-)

      18-12-2006 @ 10:54