Associa-te

    Altri Nom

    LNB 25/26

    Solidariedade com Palestina

    13 de Lugo

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

    Busca

    Concentración contra as touradas o 28 de Xuño en Outarela (Sarria) às 16h00

    Concentración contra as touradas o 28 de Xuño en Outarela (Sarria) às 16h00

    18-06-09

    Cartaz da convocatoria en pdf aquí'

    -A saida de Lugo será às 11h00 desde a estación de autocarros para repartirse nos carros-
    -A outra oportunidade é às 16h00 na mesma praza mobel en Outarela-
    -Lembra: hai que fazer umha concentración festeira, levade instrumentos, mascaras, "banderillas" no lombo,...-

    Despois de dous anos sen touradas, vários empresários de hotelaria da vila, teiman con traer de novo a sua "festa nacional" . As touradas son unha lamentábel exaltación da violencia, da tortura e da morte de animais. As festas populares do san Xoan terán que conviver nas rúas con esta triste apoloxía da barbárie.

    Desde logo que nestes dous anos ninguén en Sarria botou en falta as touradas. Un grupo de colectivos e persoas decidimos comezar a loita para que as touradas pasen a ser un mal recordo do pasado máis escuro desta vila.
    Como ecoloxistas comprometid@s coa defensa dos animais, denunciamos o trato cruel e inumano que os touros receben no transcurso desta mal-chamada festa. Durante o percurso da mesma, o touro é desgarrado, mutilado, torturado de diversas formas e asasinado tentando facer pasar como valentia a crueldade e a violencia contra os animais, num alarde de cinismo hipócrita.
    Opomo-nos radicalmente a esta festa por estar indisolubelmente ligada ao fascismo . Se ben é evidente que non naceu co golpe de estado do 36, lembremos como é que era chamada durante a Ditadura franquista: ?La Fiesta Nacional?. Segue a ser o ponto de encontro da direita españolista, a sua festa estrela do ano, com todos os matizes que se queiran.
    Constitui umha ?festa? alheia a nosa cultura. Pese os innumerabeis intentos por introducir as touradas como parte da imposición da cultura española, tan só existe unha praza no noso país, propiedade dunha empresa madrileña. A populación galega declára-se nun 80% alleia ás touradas , tal e como amostran as enquisas, e o fracaso continuado das touradas itinerantes no último século evidencia a total oposición a esta apoloxia do martírio animal.
    As touradas som unha festa marcadamente machista, como se pode analisar na figura do toureiro (no 99% dos casos sempre home), quen sai teoricamente a demonstrar o seu valor ante un animal moi perigoso, apresentando-se como o cúmio da gallardia e da chularia, como o epítome do macho ibérico. Por suposto, a plataforma non defende a igualdade de sexos a hora de protagonizar esta festa macabra, mas a sua completa erradicación.

    Escrito ?s 13:07:43 nas castegorias: actividades
    por SCMadiaLeva   , 395 palavras, 4015 views     Chuza!

    Endereço de trackback para este post

    Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

    Ainda sem comentários

      madialeva.gz@gmail.com
      Rua Serra de Ancares 18
      Horário
      De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
      CIF:G-27360825
        blog engine