Associa-te

    LNB 22/23

    Apoia-nos

    Outro Garañón...

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

          Busca

        BILLARDA ALL STARS_2010

        BILLARDA ALL STARS_2010

        28-02-10

        7 DE MARZO [ CONCELLO DO PINO ]
        twitter-conexións en directo ás 14:30 h e 19 h vía >> www.latri.ca/ovaral

        Iste vindeiro domingo 7 de Marzo , na pista do Marquiño ( ó carón da estrada nacional ) no Concello do Pino , vai celebrarse o Billarda All Stars_2010 , unha auténtica reunión de estrelas diste emerxente e espectacular deporte de esencia tradicional que en sesión de mañá prepara o espectacular Concurso de Varados e Habilidades: 12 h , e o explosivo Concurso de Mates : 13 h. Despois dun xantar de irmandade , ás 16:30 H. do serán realizarase o gran Aberto das Estrelas, un partido que reunirá na pista do Pino os mellores palanadores e palanadoras do país xunto cos rouquis ou novatos que queiran inicarse niste deporte que arrinca chantos e invade leiras. Ademáis A LNB prepara o referencia disco de apoio a ista revolución deportivo-social con temas exclusivos de temática billardeiro dos mellores grupos galegos, temas que soaran nas respectivas sesiósn a pé de pista na mañán e tarde que o LNB SOUND SYSTEM, o colectivo de djs que acompañan cada un dos asaltos da LNB, realizarán no concello do Pino nun dos de seguro históricos machucos billardeiro.

        BILLARDA SEMPRE ADIANTE CO VARAL!!

        www.ovaral.blogspot.com

        Escrito ?s 12:20:39 nas castegorias: bilharda, actividades
        por SCMadiaLeva   , 190 palavras, 228 views     Chuza!

        Endereço de trackback para este post

        Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

        Ainda sem comentários

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            powered by b2evolution