Associa-te

    LNB 22/23

    Apoia-nos

    Outro Garañón...

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

          Busca

        Começa a Liga de bilharda em Burela.

        Começa a Liga de bilharda em Burela.

        15-09-10

        Este sábado 18 de setembro começa em Burela a Liga de bilharda co primeiro aberto puntuável da tempada. O aberto será pola tarde polo que organizaremos a viagem desde Lugo para participar. Se te queres unir a equipa e participar podes enviar um mail a madialeva.gz@gmail.com ou bem apontar-te no local.

        Este é o calendário da nossa conferência (Norleste) da LNB para este 2010/2011.

        - 18 de setembro: 1ª Xornada LNB: II Aberto do bonito. Burela
        - 26 de setembro: Aberto do I Trofeo das Asociacións. Riotorto

        - 17 de outubro: 2ª Xornada LNB Aberto da Faba. Lourenza
        - 30 de outubro: Copa Cantabrica: Galiza - Asturias (Pillarnu-Avilés )

        - 14 de novembro: 3ª Xornada LNB: II Aberto do Chicharo lañado. Foz

        - 19 de decembro: 4ª Xornada LNB: Torneo do Galo. Ribadeo

        - 15 de xaneiro: 5ª Xornada LNB: Aberto do ?. Pacios-Castro de Rey

        - 29 de xaneiro: 6ª Xornada LNB: II Torneo do Lacón en Meira

        - 26 de febreiro: All Star (en Cabanas ou Mugardos)

        - 20 de marzo: 7ª Xornada LNB: II Aberto da Tarta. Mondoñedo

        - 16 de abril: 8º Xornada LNB Torneo Cidade de Lugo

        : Xerro do Salnés (Xil-Meaño?) ? data a confirmar

        - 15 de maio: 9ª Xornada LNB: II Aberto do ?coello de Suso?. Remourelle

        - 29 de maio: Finais en Conxo

        Regulamento:
        Polo solo feito de participar, cada palanador acadará un punto que se sumará os que consiga no fase de grupos.
        As puntuacións en grupos de cinco seran: 4-3-2-1-0.

        Os puntos de cada xogador na xornada serán a suma de tódolos acadados nas distintas carreiras que xogue perante a xornada.
        Quen fique campión os puntos que consiga engadiranselle 2 puntos mas.
        Unha vez feito o sorteo, non se admitirá a naide mais.

        O palán deberá ir suxeto a muñeca por unha cincha de seguridade.

        As medidas do palán e da billarda, deberán ser reglamentarias.

        En cada aberto cada participante deberá abonar 2,00 ? que se destinarán a trofeos e outros gastos xerais.

        Escrito ?s 00:01:23 nas castegorias: bilharda, actividades
        por SCMadiaLeva   , 300 palavras, 367 views     Chuza!

        Endereço de trackback para este post

        Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

        Ainda sem comentários

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            powered by b2evolution free blog software