Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      Actos em solidariedade com o povo saaraui. Manifestaçom esta 2ª feira dia 22.

      Actos em solidariedade com o povo saaraui. Manifestaçom esta 2ª feira dia 22.

      19-11-10


      Desde os movimentos sociais de Lugo vam-se realizar nesta semana e começos da que vem, diversos actos em apoio ao povo saaraui depois do selvagem assalto ao campamento de Agdaym Iciq, perto do Aaiúm, no território saaraui ocupado por Marrocos.
      Denunciamos este novo atentado contra o povo saaraui na sua luita pola liberdade,condenando o imperialismo de Marrocos apoiado polo estado espanhol, a Uniom Europeia e os EUA.

      -Mércores 17 Novembro 20:00h--->Concentración praza da Milagrosa
      -Xoves 18 Novembro 20:30h--->Concentración diante dos sindicatos(coincidindo coa manifestación da CIG)
      -Venres 19 Novembro 20:00h--->Concentración diante do Concello de Lugo
      -Luns 22 de Novembro 20h00. Manifestación desde a Subdelegación do Goberno.

      POÑAMOS FIN A REPRESIÓN DA DITADURA MARROQUI

      SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

      A ditadura marroquí, coa complicidade das institucións internacionais ONU e Unión Europea e a posición dos diferentes gobernos do estado español de non cumprir ca responsabilidade que como potencia descolonizadora teñen, está levando a cabo un xenocidio contra o pobo saharaui.

      Asasinatos, detencións, torturas e desaparicións de detidos, esta na orde do día nesta espiral de violencia desatada por Marrocos que usurpa desde hai máis de 35 anos un territorio que nunca lle pertenceu e nin a ONU lle recoñece.

      É precisa a solidariedade para parar este xenocidio, e tentar levar ós culpables diante dos tribunais internacionais.

      O actual goberno do estado español, non pode seguir escondendo as súas responsabilidades e debémoslle esixir que actúe con determinación diante dos organismos internacionais e que defenda, tamén neste caso, os dereitos humanos que se están a conculcar pola sanguenta ditadura do monarca alauita.

      APOIA A MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR EN LUGO O PRÓXIMO DÍA 22, E QUE SALIRÁ ÁS 20 HORAS DE DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA PRAZA DE ARMAÑÁ.

      SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

      ABAIXO A DITADURA MARROQUI

      POLA CREACIÓN DUN ESTADO SAHARAUI
      Escrito ?s 17:46:22 nas castegorias: actividades
      por SCMadiaLeva   , 292 palavras, 356 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          open source blog tool