Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      8 de março. Acto feminista em Lugo.

      8 de março. Acto feminista em Lugo.

      06-03-12

      Mulheres de diferentes colectivos de Lugo organizam esta quinta-feira, 8 de março, um acto na praça da Soidade que durará desde 17h00 até às 19h00. O acto consistirá na exposiçom em paneis do conto "A Cincenta que nom queria comer perdizes" e numha leitura colectiva do mesmo que se fará às 18h00.

      A celebraçom do Dia Internacional das Mulheres culminará coa manifestaçom nacional de Compostela este domingo 11 de março às 12h00 desde a estaçom de comboios, e que leva por legenda "As mulheres galegas em luita polos nossos direitos".

      A seguir o manifesto que se repartirá no acto:

      Este 8 de Marzo, dia Internacional das Mulleres, mulleres de Lugo de diferentes colectivos xuntámonos para saír a rúa e reivindicar os nosos dereitos.

      A actual ofensiva patriarcal está alcanzando cotas insospeitadas, Só así se explica o recrudecemento do machismo nas institucións, a ausencia de políticas feministas reais, a eliminación de organismos como o Servizo Galego de igualdade, os Centros de Información á mulleres e de Orientación afectivo-sexual, os impedimentos para acceder a métodos contraceptivos e, sobre todo, a última proposta de derrogar a Lei do aborto, que ten o seu punto de partida na retrógada lei de familia.

      Paralelamente, estamos a soportar unha vertixinosa escalada da precariedade laboral que se expresa nunha cada vez maior temporalidade, no aumento da contratación a tempo parcial e en salarios insuficientes que impiden o goce dunha vida digna, plena e autónoma. Esta situación, que afecta a toda a sociedade, ten unha meirande repercusión nas mulleres debido aos maiores obstáculos para acceder e permanecer no mercado laboral en igualdade de condicións.

      Se falamos das mulleres labregas hai que engadir as dificultades para acceder á titularidade das explotacións aínda hoxe e, no caso das mulleres inmigrantes e das empregadas do fogar, a situación agrávase, posto que á inseguridade laboral hai que sumarlle a xurídica.

      Neste alarde de machismo, superioridade e hipocrisía, os diferentes gobernos renuncian garantir o dereito das mulleres a vivirmos sen violencias, ignorando a súa consecuencia máis extrema: máis de 70 mulleres son asasinadas só no estado español cada ano.

      Por todo isto, hoxe 8 de Marzo, saímos a rúa para dar a coñecer a nosa particular visión da nova ?Cincenta?. Unha ?Cincenta? que representa a todas esas mulleres que fartas do ?príncipe azul?; o príncipe que as oprime no traballo, o príncipe que as infravalora na casa, o príncipe que pretende asumir o control do seu corpo e da súa sexualidade...; rachan con ese papel de Cincenta submisa e comezan un novo camiño na busca de elas mesmas e da súa liberdade...

      NESTE 8 DE MARZO, AS MULLERES FEMINISTAS EN LUGO EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS, ESIXIMOS:

      ♀ Medidas concretas e recursos públicos en todos os ámbitos para erradicar a violencia machista (educativos, sanitarios, de información e de protección).

      ♀ Sanidade pública, universal e gratuíta de calidade, con atención especializada á saúde das mulleres.

      ♀ Ensino público, gratuíto, non sexista, laico, de calidade e en galego.

      ♀ Prestacións sociais e pensións dignas. Establecer medidas de acción positiva para evitar as desigualdades no acceso e na contía das pensións, derivadas de situacións de discriminación.

      ♀ Medidas para equiparar os dereitos laborais e de protección social das traballadoras do servizo doméstico cos demais réximes.

      ♀ Medidas que faciliten a regularización das persoas migrantes residentes e que garantan a plena igualdade de dereitos co conxunto da poboación galega.

      ♀ Accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais, a temporalidade, a precariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación das mulleres.

      ♀ Aplicación da Lei de titularidade compartida nas explotacións agrarias.

      ♀ Unha política laboral, agraria, alimentaria, fiscal e social en función das necesidades da cidadanía, que estableza medidas de acción positiva para poñer fin á discriminación das mulleres e que poña freo á emigración da mocidade galega.

      ♀ Servizos sociais públicos de calidade que dean cobertura ás necesidades de coidado de familiares e persoas a cargo.

      ♀ Medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tanto aos homes coma ás mulleres.

      ♀ Medidas urxentes para a creación e a estabilidade do emprego. Implantación de medidas dirixidas a eliminar a discriminación salarial das mulleres.

      ♀ Medidas que garantan unha vida plena para as persoas con diversidade funcional.

      ♀ Dereito a gozarmos a nosa sexualidade, sexa cal for a nosa orientación sexual e a desenvolver un proxecto de vida en liberade e equidade.

      ♀ Respecto aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos, que inclúe o control dos nosos corpos, garantindo o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública.

      Escrito ?s 11:41:57 nas castegorias: opinióm
      por SCMadiaLeva   , 728 palavras, 380 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          open source blog