Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      Teatro: Marx no Soho (versom em galego de Pepe Sendón)

      Teatro: Marx no Soho (versom em galego de Pepe Sendón)

      26-09-13

      Que nos contaría Carlos Marx se puidese volver ao mundo dos vivos apenas por unha hora? O seu corpo leva 130 anos baixo terra. O seu legado, o marxismo, que durante o século XX inspirou movementos políticos que se extenderon por todo o planeta, é hoxe unha especie en extinción. Desde a caída do Muro de Berlín, o comunismo xa non é un factor na actual ecuación dominada polo monoteísmo neoliberal. Marx está morto. Ou non está morto?

      Hoxe protestamos (como fixo Marx) polas barbaridades do capital financeiro (que Marx denunciou) nesta enésima crise sistémica (que Marx predixo) causada pola acumulación da riqueza nas mans duns poucos (como Marx formulou) nun mundo convulso (que Marx anticipou). E o curioso é que non sabemos quen foi Marx. Cal foi a súa vida, a súa experiencia, a súa maneira de pensar?

      Marx está morto. E continúan a matalo todos os días, porque o seu espírito -como aquel espectro sobón que percorría Europa- teima en revivir a cada pouco. Agora din que nunha especie de abdución metafísica, o espíritu de Marx materializouse no corpo dun anónimo cidadán galego bebedor de cervexa.

      Será verdade? Pois haberá que ir ver que di. Cousa boa non, seguro.

      Sexta 18 outubro. Centro Social Mádia Leva!. 20:30. Entrada 5 euros.(3? para sócias)

      Marx no Soho - Versión en galego de Pepe Sendón

      Despois de moito protestar, un comité de ultratumba permítelle a Karl Marx volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Un erro burocrático provoca que o seu espírito apareza en Santiago, materializándose nun anónimo transeunte.Marx volve para limpar o seu nome e deixar as cousas claras. Vén disposto a falar das súas ideas e de como foron mal interpretadas. Da súa vida: persecución e desterro, penurias no Soho, traxedias familiares, libros, erros, debates sobre o que foi o comunismo, o que non foi e o que ha de ser. Moitas cousas que contar e pouco tempo para falar. Tempo abondo, aliás, para descubrir que entre a actual crise e os días que Marx viviu, a humanidade non cambiou tanto.

      O Autor

      Howard Zinn (1922 ? 2010) foi un escritor, historiador, profesor de ciencias políticas e activista norteamericano nacido en Brooklyn de emigrantes xudeus de clase traballadora chegados de Europa. A súa participación na II Guerra Mundial foi semente do seu posterior antimilitarismo. Participou activamente no Movemento de Dereitos Civís, contra as guerras de Vietnam e Iraq e é continuador da tradición socialista norteamericana. Autor de ducias de títulos sobre os dereitos civís, o antibelicismo e o movemento obreiro de Estados Unidos, a súa obra máis lembrada é ?A People's History of the United States?. ?Marx in Soho? foi a terceira e última obra teatral que escribiu.

      A Obra

      Howard Zinn escribiu ?Marx in Soho? en 1999 coa idea de perfilar a persoa antes que o mito. A peza é un monólogo (ás veces máis ben usoliloquio) que se centra na estadía de Marx no Soho londinense, onde chega escapado coa súa familia despois de ser expulsado de media Europa. Vive nun mísero apartamento de dous cuartos que aluga baixo un nome falso e non sempre pode pagar. Nesas penosas condicións, asiste á enfermidade da muller e á morte dun fillo tras doutro. Pero a loita diaria pola supervivencia non lle impide emprender, nun esforzo caótico e febril, a redacción da obra da súa vida: O Capital, unha análise crítica e científica da economía capitalista. Nesta peza teatral debúllanse as súas dúbidas sobre o resultado de tamaño esforzo, o apoio permanente do seu amigo Engels, as discusións cos colegas revolucionarios exiliados en Londres, a súa vida íntima como home de familia (a lealdade por Jenny, a súa esposa, a admiración por súa filla Leonor, as debilidades por Helena, a criada), as súas reflexións sobre os acontecementos da historia, mesmo do presente.

      O resultado é unha nova visión de Marx, máis próxima ao home común que ao prometeo revolucionario. Un Marx que afirma: ?Eu non son marxista?. Concebida para ser escenificada sen ningún aparato escénico, Marx no Soho busca unha proximidade dialogante co público e é apta para ser presentada en calquera tipo de auditorio apto para a palabra. A duración da peza é de unha hora, aproximadamente.

      Escrito ?s 18:45:38 nas castegorias: opinióm
      por SCMadiaLeva   , 692 palavras, 352 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          powered by b2evolution