Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      Manifestaçom em Lugo em apoio às marchas pola dignidade.

      Manifestaçom em Lugo em apoio às marchas pola dignidade.

      24-02-14

      O centro social Mádia leva! participará na manifestaçom em apoio às marchas da dignidade do 22 de março. A manifestaçom em Lugo, será o dia 26 de fevereiro às 20h00 desde a Ronda da Muralha. Deixamos a seguir o panfleto da convocatória.

      "Organizacións sociais, sindicais e cidadás de Galicia apoiamos as Marchas da dignidade porque consideramos que hai que frear a deterioración das nosas condicións de vida como pobo, o cal está, en gran medida provocado polos poderes financieiros, políticos e empresariais. Precisamente eles son os responsables de que no noso país os nenos pasen fame e xa se estean dando casos de desnutrición infantil; de que 12'5 millóns de persoas vivan con menos de 7.040? anuais; de que haxa seis millóns de persoas no paro; de que os salarios e as condicións laborais se vexan minguadas polas sucesivas reformas laborais; de que as pensións sexan insuficientes e de que os pensionistas perdan poder adquisitivo; de que se reprima constante e selectivamente a sindicalistas e activistas sociais en diferentes ámbitos; de que se expulse as persoas das súas vivendas; de que moita xente quede sen unha adecuada asistencia sanitaria; de que a xente xove teña que emigran en busca de traballo; de que o noso medio ambiente esté totalmente desprotexido ante o capital; de que a xenofobia sexa unha constante na política de inmigración que aplica este goberno; e tantos outros atropelos a esta nosa sociedade.
      Por isto mobilizámonos para que saiban que:
      - Os nosos dereitos (saúde, educación, vivenda, emprego ...) e as nosas liberdades non se tocan. ¡BASTA XA DE ASOBALLARNOS!. Enfrontarémonos aos seus atropelos e loitaremos contra o sistema corrupto en prol dunha sociedade máis xusta e igualitaria .
      Así, esiximos:
      - Que o rescate á banca sexa restituído ao pobo.
      - Derogación da lexislación laboral e en materia de pensións vixente.
      - Contratos fixos, salarios dignos, semana laboral de 30 h.
      - Incautación de sectores estratéxicos para o desenvolvemento da sociedade (enerxía, auga, transportes, servicios sociais, sanidade ...)
      - Dereito á vivenda digna inembargable.
      - Dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e reproductiva (aborto libre e gratuíto).
      - Retirada da Lei "Mordaza"
      A loita e a mobilización permanente é o único camiño. Por iso chamamos á participación nas "Marchas pola dignidade" que confluirán a Madrid o vindeiro 22 de Marzo."

      Escrito ?s 10:57:00 nas castegorias: opinióm
      por SCMadiaLeva   , 370 palavras, 236 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          blog software