Associa-te

    Palestina livre

    LNB 24/25

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      Domingo 22 : Sárria livre de touradas

      Domingo 22 : Sárria livre de touradas

      18-06-14

      O vindouro domingo imos tod@s a Sárria!
      A seguir podes ler a nota de imprensa da plataforma

      A Plataforma Sarria Libre de Touradas convoca unha ?Mani-festa? para o vindeiro 22 de xuño

      Baixo o lema ?Cultura contra a tortura? a Plataforma Sarria Libre de Touradas prosegue coa súa oposición ao que considerán ?unha obsesión do Concello de continuar cun espectáculo macabro e que só deixa a Sarria nunha posición vergoñenta?

      Sarria, 17 de xuño de 2014. Un ano máis, as e os membros da Plataforma Sarria Libre de Touradas planificaron para o vindeiro domingo 22 de xuño unha actividade en oposición á celebración de touradas nas festas do San Xoán.

      Un total de 17 colectivos forman xa parte da Plataforma (ADEGA, AX Buraca das Grellas, AC Ergueitos, AC Rúa da Música, AC LuscoFusco, BNG, CS Mádia Leva, Comités Abertos, GMST, Galiza Nova, Liga Estudantil Galega, ABEIRO, ANOVA, A Cova da Terra, Podemos, Asemblea Anticapitalista de Lugo e FRUGA) que conxuntamente organizan a convocatoria do vindeiro domingo 22 de xuño, baixo o lema ?Mani-festa: Cultura contra a tortura!? á que chaman a participar a todas as sarrianas e sarrianos contrarios ao dispendio de cartos públicos cunha actividade que, tal e como indican, ?ensucia os festexos do San Xoán e deixa a Sarria nunha posición vergoñenta?.

      Así, un ano máis, desde a Plataforma reclaman ?unhas festas galegas e populares? sen necesidade ?de espectáculos importados coma a barbarie que representan as touradas? Denuncian o gasto de diñeiro público que suporá a celebración dos festexos taurinos ?para desfrute de moi poucos? cando ?hai outras prioridades de gasto nas que investir o diñeiro das e dos sarriáns?. Así, falan de ?investimento en servizos sociais básicos que o PP está a recortar e desatender namentres malgasta os cartos públicos na tortura e o asasinato que supoñen
      as touradas?.

      No programa da xornada, que comezará ás 18:30 horas do domingo 22 de xuño, inclúen un espazo infantil con contacontos teatralizado e globoflexia a cargo da AC LuscoFusco, un obradoiro para todos os públicos de ?Meditación en movemento? a cargo da AC Crearte e as actuacións musicais de Os gaiteiros de Goián e de Os esnaquizadores, grupos formados por mocidade de Sarria. Así mesmo, indican, haberá merenda e bebida a prezos populares ?apostando polos produtos de tan alta calidade cos que contamos no País?

      Deste xeito, e dado que ?o PP non ten pensado recuar na súa intención de incluír as touradas na programación dos festexos do San Xoán?, anuncian que continuarán a realizar actos contrarios a esta celebración ?como esta festa coa que queremos demostrarlle á corporación sarriá que a cultura non lle fai dano a ninguén e que se poden organizar actividades moi interesantes contando co pobo e a un custe moito máis baixo que o dispendio que se realiza coas touradas?.

      Desde a Plataforma Sarria Libre de Touradas chaman a toda a veciñanza de Sarria e dos Concellos da comarca ?a participar desta ?Mani-festa? popular contra a ignorancia e a barbarie taurina? e lembran que teñen habilitado o enderezo electrónico sarrialibredetouradas@gmail.com así como as redes sociais (Facebook e Twitter) e o blogue http://sarrialibredetouradas.wordpress.com/ ?a través dos que calquera persoa ou colectivo interesado pode trasladar as súas propostas e sumarse á Plataforma?

      Escrito ?s 09:28:33 nas castegorias: opinióm
      por SCMadiaLeva   , 528 palavras, 1101 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          powered by b2evolution