Associa-te

    Palestina livre

    LNB 23/24

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

        Busca

      Fim de semana de solidariedade e memória histórica

      Fim de semana de solidariedade e memória histórica

      24-04-17

      O passado sábado 22 de abril participavamos no ato em homenagem aos "Manueles" em Mesia, na memória de três guerrilheiros antifranquistas Manuel Ponte Pedreira, Manuel Diaz Pan e Manuel Rodríguez "el Astutriano". E na manhá do domingo 23 acudimos a manifestaçom em Compostela polas liberdades democráticas e o arquivo da causa contra nove independentistas galegas/os.
      A seguir podes ler a nossa intervençom em Mesia.

      Estamos outra vez aquí pola convocatoria dunhas persoas, amigos e amigas nosas, que insisten teimudamente en que a Memoria da nosa Historia siga viva, que non caia no esquecemento a vida e o sacrificio de tódalas persoas que ao longo da nosa Historia fixeron algo para que o noso presente sexa un pouco máis digno, por moito que se empeñen os enemigos do pobo.
      Despois de 70 anos da sua morte en combate vimos rendirlles homenaxe a tres homes dignos, a tres loitadores que resistiron con case nada nas maos, mais con valentía, honradez, coherencia levada ata a morte e co apoio e confianza do pobo, requisito indispensabel para que a Guerrilla poida combatir, resistir e vencer.
      (Hai pouco atopei unha carta que o en outubro do 46 Ponte escrebe ao embaixador inglés de visita na Galiza, nela dalle conta do aforcamento aquel ano de 5 obreiros antifascistas galegos: Luis Blanco, Diego Valero, Manuel Álvarez, Julio Nieto e Ramón Vivero (estes 3 en Lugo)).
      Estes homes (os Manueles) pertencían á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galiza, eran comunistas; hoxe aquí estamos comunistas, anarquistas, nazonalistas, independentistas... todos e todas unidos e unidas na percura dun mundo máis xusto, máis equitativo, sen opresións, sen explotación, con liberdades...
      Antes deles moitos outros homes e mulleres deron a sua vida pola nosa Terra; moradores e combatentes do Monte Medulio contra os romanos, galaicos contra os suevos, suevo-galaicos contra os visigodos, Irmandiños, combatentes na Guerra do Francés, Mártires de Carral,fusilados e paseadas na Guerra chamada Civil, guerrilleiros do monte e guerrilleiras das chairas, Amador, Daniel, Reboiras, Jose, Lola...
      Eu, coma sempre, non quero deixar pasar esta ocasión ante vós, persoas sensibeis ante todo tipo de inxustizas, de lembrar a todos eses galegos e galegas que están fora da Terra á forza. As que quixesen e non poden estaren hoxe aquí. E non me refiro á emigración, que tamén, senon aos presos e presas; independentistas, comunistas, anarquistas, presos sociais con dignidade que se rebelan ante o terror dos carcereiros.
      Estase a incumplir a legalidade (a do Estado Español) con todos eles, porque están fora da Galiza, a moitos quilometros da casa, condeando ás suas familias e amizades a faceren viaxes longas e perigosas para poder "comunicar" 40 minutos a través dun vidro. Condénaselles á reclusión máis tamén á incomunicación, ó alonxamento da sua xente, están nun réxime (todos estes que dixen en rexime FIES) que é un cárcere dentro doutro cárcere.
      Afortunadamente dentro de poucas semanas estará de volta connosco o compañeiro Antom Santos despois de 5 anos e 4 meses máis ou menos, despois dun xuizo (por chamalo dalgunha maneira) na A.N., antigo T.O.P.
      Esto é causa de ledicia, mais empañada pola ausencia de todos os outros compañeiros e compañeiras que aínda fican na prisón.
      En honor destes 3 guerrilleiros, en honor de todos eses outros e outras que nomeei, en honor dos nosos presos e presas (o luns celebrouse o Día Internacional dos Presos e Presas Políticas), reclamo que nos sintamos orgullosas e orgullosos dos nosos combatentes, que teñamos orgullo de sermos galegos e galegas, que amosemos unha solidariedade activa con tódolos represaliados e represaliadas do mundo mais sobre todo da Nosa Terra.
      E como deixou escrito Castelao na sua proposta de escudo nacional: Denantes mortas que escravas!




      Manuel Ponte, in memoriam 1996 Xosé Neira Vilas

      Era xastre,
      Coma Camilo Cienfuegos.
      Era poeta,
      Coma Javier Heraud. (guerrilleiro peruano)
      Era austero, racional, temerario,
      Coma Che Guevara.
      ¡Era un guerrilleiro!

      No seu fardelo
      Había máis libros que patacas
      Máis balas que moedas,
      Máis ideas ca resesos dogmas.

      Caeu loitando.
      Caeu en lei de guerra.
      Regou co seu sangue
      A terra onde nacera.

      Tras cincuenta anos (hoxe 70)
      Siguen doéndose da súa ausencia
      As xentes e os camiños de Frades,
      Os que o viron irse
      E os que nunca o viron.

      Todos saben
      Que ha voltar co sol dunha mañá
      Ou no ruxir do vento.

      Escrito ?s 13:58:00 nas castegorias: album
      por SCMadiaLeva   , 701 palavras, 207 views     Chuza!

      Endereço de trackback para este post

      Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

      Ainda sem comentários

        madialeva.gz@gmail.com
        Rua Serra de Ancares 18
        Horário
        De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
        CIF:G-27360825
          b2