Associa-te

    LNB 23/24

    Apoia-nos

    Outro Garañón...

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

          Busca

        Mesa informativa perante as sançons do concelho.

        Mesa informativa perante as sançons do concelho.

        10-02-23

        Este sábado, 11 de fevereiro às 12:30 no fundo da praça Maior.

        📢 COMUNICADO CONTRA AS MULTAS DO CONCELLO DE LUGO NAS FESTAS POPULARES

        👥 Quen somos?

        Formamos parte da Rede Asociativa, unha entidade aberta dentro da cal diversos colectivos e asociacións sen ánimo de lucro confluímos de forma asemblearia coa finalidade de fortalecer o tecido asociativo lucense.

        Que pasou para que protestemos conxuntamente?

        🔥🪵 O 23 de Xuño de 2022 organizamos o Lume Novo Asociativo. Levamos facendo este evento hai polo menos 12 anos (só interrompido coa pandemia) porque un dos obxectivos da rede é promover as festas populares galegas como forma de convivencia. En todos estes anos nunca tivemos ningún incidente; sempre tramitamos o permiso para facer a fogueira, como en anos anteriores; sempre fomos respectuosos co espazo que estivemos a ocupar e nunca tivemos axuda do Concello de Lugo en canto a infraestruturas (auga, luz, baños públicos ?) a pesar de que as solicitamos.

        👮‍♂️💰En novembro do ano pasado recibimos unha sanción de 300? da Policía Local a través do Concello. Aplícannos a ?lei mordaza? por ocupar a vía pública sen autorización municipal, cunha barra para vender tanto comida como bebida.

        Que reivindicamos? ⬇️

        ▫️ Que tanto nós como o resto de asociacións sen ánimo de lucro de Lugo poidamos facer un uso real da rúa sen impedimentos absurdos por parte do Concello como é esta sanción que favorece o uso privado do espazo público fronte ás festas populares e autoxestionadas (unha multa desta magnitude supón un esforzo económico para os colectivos da rede, xa que non nos lucramos con estas celebracións).

        ▫️ Que isto sería posible simplemente con boa vontade por parte do Concello de Lugo. Xa se fixo coa cesión do espazo público de forma gratuíta para que os bares dispuxeran de terrazas e así paliar os efectos da pandemia. A nós por contrapartida múltannos por colocar unha barra para recuperar o gastado na organización do Lume Novo.

        Resumindo: estamos totalmente en contra da privatización do espazo público. Esta é unha reivindicación intrínseca ás actividades que organizamos e a pesar das trabas nós imos seguir polo mesmo camiño.

        Lugo non é máis seguro polo feito de que nos teñan posto esta multa, nin nós somos un perigo para a protección da seguridade cidadá, senón todo o contrario.

        Non pretendemos convencerte de nada, pero si que teñas información do que pasa na túa cidade.

        Saca ti as túas propias conclusións!

        Centro Social Mádia Leva Avante LGBT+ Lugo Vagalume C.S-C.A. Asociación Ecoloxista ADEGA A Hedreira

        Escrito ?s 12:14:00 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 405 palavras, 59 views     Chuza!

        Endereço de trackback para este post

        Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

        Ainda sem comentários

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            multiblog platform