Associa-te

    Altri Nom

    LNB 25/26

    Solidariedade com Palestina

    13 de Lugo

    Outro Garañón...

    Apoia-nos

    Audios

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

    Busca

    Roteiro pola cidade e a sua história no passado século.

    Roteiro pola cidade e a sua história no passado século.

    14-04-23

    O domingo dia 16 de abril
    Pois resulta que as persoas que vivimos en Lugo a veces pensamos que en Lugo nunca hai nada, que tampouco non hai nada que ver, que non ten Historia?

    Pois resulta que Lugo eche algo máis que o Arde Lucus ese. Que ten Historia e historias!

    Lugo é unha cidade viva, xa dende antes das Murallas, e está viva porque ten xente, que vive aquí, que traballa, que estuda, que se relaciona, que loita?

    Hai veciñas e veciños que descoñecen datos e cousas de Lugo; por razóns de idade, por ese interés en ocultar a Historia que teñen as persoas e institucións encargadas de contárnola? Non é culpa nosa.

    E por iso no Madia-Leva queremos poñer o noso grao de area para coñecermos o noso Luguiño. Podiamos ter escollido moitos outros percorridos, pero xa que non se pode todo, selecionamos o que ten que ver con este século que xa pasou e que estivo tan cheo de cousas boas e malas; algúns e algunhas de nós nacimos na Dictadura, medramos (uns e unhas máis que outras e outros), tamén namoramos, nos ilusionamos e creimos que as cousas ían mudar? Esta cidade está chea de recunchos, lugares que nos evocan lembranzas e reviven a Historia.

    Nesta ruada pasearemos por Lugo, veremos casas con historia, veremos e pisaremos rúas, comentaremos cousas, descubriremos outras.

    En definitiva gozaremos das artes de pasear, de compartir, de conversar. Aprenderemos Lugo. Queremos que sexa unha actividade ?interactiva?, que tamén contedes cousas e que poñamos en común esas outras experiencias e lembranzas vosas e da o mesmo que nacerades aquí ou fora.

    E lembrade que unha cidade non son só as rúas, os monumentos, as igrexas, os bares? sendo iso tan importante, a cidade tamén e sobre todo somos nós.

    Escrito ?s 07:31:00 nas castegorias: album
    por SCMadiaLeva   , 297 palavras, 137 views     Chuza!

    Endereço de trackback para este post

    Trackback URL (clique direito e copie atalho/localização do link)

    Ainda sem comentários

      madialeva.gz@gmail.com
      Rua Serra de Ancares 18
      Horário
      De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
      CIF:G-27360825
        powered by b2evolution CMS